25 de xan. de 2012

PRETO DA RÚA DE FRAGA: BNG CONSECUENTE; PSOE , CONTRADITORIO E SORPRENDENTE.

Os grupos da oposición pronunciáronse oficialmente sobre a rúa de Fraga, o BNG por medio do seu voceiro municipal dixo que xa anuncia que votará en contra en canto o asunto se debata en pleno, aínda que é consciente de que nada poderá facer para evitalo tendo en conta que o PP goza de maioría absoluta. O voceiro do Bloque, Víctor Caamaño, xustifica esta postura no pasado franquista de Fraga e bota de menos que o goberno local non busque un consenso. «O nome dás rúas non 
debería crear polémicas». Caamaño saíu onte en defensa da decisión adoptada no seu día polo alcalde nacionalista Xoán Antonio Pillado de rebautizar a rúa dedicada a Fraga como avenida de Vilariño como acerto foi tamén substituír a rúa do Xeral pola Avda.  de Galicia. Evidentemente a min paréceme unha postura correcta e mais eu persoalmente xa me pronunciei neste blog, opinión que podes ler premendo AQUÍ.
Ismael Agra, oponse
frontalmente a
concesión da Rua a
Fraga.
O que é preocupante e opinión do PSOE que non deixa de ser sorprendente e contraditoria namentres Rafael Blanco que o voceiro municipal do PSOE e a súa voz oficial di que non se opoñerá o acordo, as súas Xuventudes socialistas, co seu presidente a cabeza Ismael Agra , oponse frontalmente a este acordo, o cal me parece mais acorde coa ideoloxía socialista, cos s seus principios e sobre toda coa persecución que sufriron moitos socialistas  polo franquismo e por algúns ministros franquistas entre eles Fraga. Ainda  que respeto a postura de Rafael, noa comparto en absoluto.
         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: