Despois
de funeral habido onte na honra de Fraga, un home que participou moi activamente no goberno
fascista do dictador Francisco Franco, o noso Alcalde Luis Aragunde sorprendeu
a propios e extranos dicindo que tarde ou cedo haberá en Cambados una rúa que
leve o seu nome, a idea non é de agora e xa quixeron poñer en vida do
exministro de Franco os seus antecesores Toruis, Tirado e Pillado Montero, pero este negouse en redondo namentras seguira a exercer
a politica. Fraga tiña moitos “lambecús” . Lembremos que xa houbo unha rúa , mellor dito, unha
avenida co seu nome a actual Avda de Vilariño, nome que se puxo polo alcalde non democrático de Cambados Joaquin Fole, e que con moi bo criterio retirou do rueiro o Alcalde nacionalista Xan Antonio Pillado.
avenida co seu nome a actual Avda de Vilariño, nome que se puxo polo alcalde non democrático de Cambados Joaquin Fole, e que con moi bo criterio retirou do rueiro o Alcalde nacionalista Xan Antonio Pillado.
Non imos entrar outra vez do que fixo ou deixou de facer o ministro fascista de Franco en
Cambados xa o dixemos no artigo “OS SUPOSTOS LOGROS DE FRAGA E OS AMIGOS CONTRABANDISTAS”, pero ningún fascista é merecedor de ter unha rua nunha vila
dun pais democrático ainda que despoios abrazara a democracia por pura
conveniencia. Hai cousas que non se esquecen de quen serviu o dictador como os achegados de Julián Grimau,
fusilado por orde dun Consello de Ministros do que formou parte; de Enrique Ruano,
cuxo asasinato ás mans da Policía foi disfrazado por Fraga na prensa como un suicidio; e as
familias dos traballadores de Vitoria, mortos por disparos da Policía sendo Fraga ministro de Gobernación, recordan o
pasado escuro do fundador do PP.
Temos
que lembrar que que o expresidente da Xunta "nunca
se arrepentiu da súa participación na ditadura". Darlle o nome dunha rúa
ao que fose ministro de Franco "iría contra a lei" de Memoria
Histórica. Lembremos que a lei "fala de protexer os espazos
públicos para que non representen os que formaron parte dun réxime que
secuestrou a democracia durante corenta anos". "E neste caso falamos
dun home que foi entre outras cousas ministro da ditadura”. O político de Vilalba é "un dos grandes responsables da
esperanza de vida do que se chamou franquismo sociolóxico". "E que
trouxo ata noso días". "O que fixo foi formar parte dunha elite na
ditadura e seguir formando parte dunha elite na democracia". Non caben
interpretacións da lei "a lei o di claramente" que Fraga "nunca se arrepentiu da súa
participación na ditadura".
Di
o artigo 15, apartado primeiro da Lei de memoria Histórica: “As Administracións públicas, no exercicio
das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos,
insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación,
persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da
Ditadura. Entre estas medidas poderá incluírse a retirada de subvencións ou
axudas públicas”. Mais claro auga.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario