“A TI MEU CAMBADOS” puxose
en contacto con Carlos Blanco con motivo da súa actuación o vindeiro sábado na
Discoteca A Pera para manter unha entrevista con él e atendeunos moi
amablemente, sabemos que un home moi ocupado e tratamos de facer un entrevista
corta pero amena.
A TI MEU CAMBADOS.- Como transcorreu o ano 2011 para
Carlos Blanco, laboralmente falando?
CARLOS BLANCO.- 2011 foi un ano viaxeiro... Andei por Brasil un mes e pico, rodei en Lituania e Alacant "SILENCIO enla NIEVE" de G. Herrero
( que ven de se estrear nos cines), rodei en Barcelona outra peli "LA ESTRELLA " na que
fago de marido de Carmen Machi (Aida de Tele5) e que, calcúlo, será estreada no festival de
Malaga...unha curta en ValencIa con Rosario Pardo na que teño postas moitas
esperanzas, una miniserie histórica para TVE... E moitas actuacións polo
pais....e ata en Belxica...non me podo queixar.
Co0mo na foto de arriba, Carlos Blanco na presentación do libro de Unha Grande Chea |
CB.- Pois eu coido que é, como mínimo, a terceira vez que vou actuar na
PERA. Non fago nada especial, nin tento empaparme de nada, simplemente abro as
orellas...tamén é certo que paso tempadas na Illa de Arousa e sempre miro as edicións
de Arousa nos xornais, estea onde estea...cousas de ser da ría.
ATM.- En que faceta se desolve mellor Carlos Blanco,
monologuista, cine teatro, tv, cal é o teu medio natural (si o tes)?.
CB.- Esta pregunta cae si ou si...Iso que o decidan e opinen os
demais.
Eu con ter público
que pague unha entrada por oirme ou un papel interesante que defender son feliz.
Carlos Blanco en "Silencio en la Nieve" |
CB.- Home, non quero ser cabronazo e darlle volta a
pregunta: Consideras que
Cambados, sendo una vila mais ou menos pequena, ten un"papel meramente
tanxencial" na provincia? Pois
eu tampouco.
Claro que agardo un
papel importante no cine, pero son Capricornio, tenaz e paciente.
Todo chegará se ten que chegar.
Carlos Blanco co libro de U.G.CH. |
CB.- Pois os cómicos debemos ser dos poucos que non
notámos a crise...outra cousa é que vai xente que nos ven ver beba menos ou
faga menor gasto...
E os cartos sácoos
do meu traballo, por suposto, afortunadamente hai moito, moito tempo que
vivimos literalmente do público que paga a sua entrada onde actuamos. Un privilexio.
ATM.- O 3 de febreiro estas en vigo e 4 en
Pontevedra co que publicitariamente se di
que é “Posiblemente o mellor show de humor galego” con Victor Fabregas e Quico
Cadaval no espectáculo titulado “Noites de Retranca”, contame un poquiño algo
deste traballo.
CB.-Pois NOITES de RETRANCA leva xa varias edicións, ainda que eu é a
primeira na que participo.É un formato sinxelo, varios comicos ( neste
caso, ademáis, amigos) que decidimos antes de cada actuación a orde e os
contidos, ou mesmo se facemos algo conxuntamente... O caso e dárlle ao público
duas horas de entretemento, e coido que o imos conseguindo.
ATM.- Traballar, non queda
outra, todos os dias se pode ser, pero tes algun proxecto importante para o
futuro ou é aquilo de que “o que vaia saindo”.
Pero os proxectos
(que son varios e inclúen un par de protagonistas no cine) son proxectos, e tal
e como están as cousas e como se presentan ....probabelmente poucos deles
poidan sair adante.
ATM.-Que aprendeu Carlos Blanco de aquel Ladislao de “Mareas Vivas” e viceversa.?
CB.-Uf...moitas
cousas, sería longo de enumerar,aprendin moito como actor,aprendín que a fama
da tele é perigosa e efémera....E Ladislao de min...nin idea.
ATM.-Ti crees que houbo un antes e un despois de
“Mareas Vivas”, televisivamente falando?
CB.-En Galicia pode que si.
ATM.- A miña mais profunda
admiración como persoa e como cómico e moita sorte e moitas éxitos e grazas.
CB.-Grazas
polas tuas palabras finais. Déixoche que ando liadisimo e isto come un mundo de
tempo.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario