3 de xan. de 2012

ESPERTA CAMBADOS, ESPERTA GALICIA, ESPERTA ESPAÑA

Lei de Reforma do Congreso de 2011 (emenda á Constitución) 

Esta é unha idea que realmente debe ser considerada e repasada para os pobos, tango galego como o español. Mentres a seguinte reforma non teña entrada no congreso non hai nada que facer cos nosos politicos, polo tanto propaguemos a idea: 

Lei de Reforma do Congreso de 2011 (emenda da Constitución de España) 

1. O deputado será asalariado soamente durante o seu mandato. E non terá xubilación proveniente soamente do mandato. 
Gallardón
2. O deputado contribuirá á Seguridade Social. Todos os deputados (anteriores, actuais e futuros) que están actualmente no fondo de xubilación do Congreso pasarán ao réxime vixente da Seguridade Social ao día seguinte da publicación desta emenda no BOE. O deputado participará dos beneficios dentro do réxime da S.Social exactamente como todos os demais cidadáns. O fondo de xubilación non pode ser usado para ningunha outra finalidade. 
3. Cada deputado haberá de pagar o seu plan de xubilación, como todos os españois. 
4. O deputado deixará de votar o seu propio aumento de salario. Os aumentos de salario estarán previstos en función dunha serie de táboas como as que rexen para todos os cidadáns. 
Cospedal
5. O deputado deixará o seu seguro actual de saúde e participará do mesmo sistema de saúde que os demais cidadáns españois. 
6 O deputado debe igualmente cumprir as mesmas leis que o resto dos españois. A súa inmunidade cesará co cesamento do seu mandato e os feitos delituosos que poida cometer haberán de ser xulgados unha vez cese a súa inmunidade parlamentaria sen que, a efectos de prescrición, conte o tempo que exerza como deputado. 
7. Servir no Congreso é unha honra, non unha carreira. Os deputados deben cumprir os seus mandatos (non máis de 2 lexislaturas), despois irse a casa e buscar emprego. 
Se cada persoa colga esta mensaxe na súa facebook nun día enteranse todos vos galegos e en tres días a mayoria dos españois recibirán esta mensaxe. 
A hora para esta emenda á Constitución é AGORA. 

É ASÍ COMO PODES ARRANXAR O CONGRESO DOS DEPUTADOS.
        

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: