3 de xan. de 2012

UN PUNTO NEGRO NA NOSA VILA RECÉN INAUGURADO

A pesar da última intervención realizada neste "punto negro" da rede viaria cambadesa, non se conseguiu eliminar o alto risco para peóns e vehículos que circulan por este cruzamento da Av. de Vilariño. 

O pasado 31 de decembro unha persoa que cruzaba pola zona foi atropelada por un vehículo. Este accidente súmase aos que
acumula o cruzamento nos últimos anos, o que fai necesario o estudo de novas medidas urxentes. 

Se hai en Cambados un cruzamento que merece un control por semáforo e unha especial iluminación dos pasos de peóns sen dúbida é este. Non esperemos a que as desgrazas convértanse en traxedias para facer algo. 

Nova e foto recollidas de  www.cambadosweb.net

         

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: