Ruben
Iglesias Laya, Rubi para os amigos, acaba de inaugurar un novo blog cambadés e na súa primeira entrada dinos: “A verdade
non teño moita idea de como vai isto, pero bo, todo é porse e ir aos poucos,
aprendendo dos blogeros cambadeses que xa levan tempo facéndonos gozar cos seus
artigos e opinións.
Sen máis, creei este blog porque son un afeccionado empedernido á música, de
calquera estilo. Como intento de "creador" que son, intentarei neste
blog pois irvos falando da música que escoito, cousas novas que vaia
descubrindo e sobre todo daquilo que teña que ver coa música no meu pobo,
Cambados, berce duns cantos grupos e artistas emerxentes e tamén xa
consolidados no mundo. Para terminar hei de dicir que todo o que queira
participar no blog recomendando artistas ou dando a súa opinión sobre un grupo,
intérprete ou simplemente sobre algún estilo en concreto, sabe que pode
participar, só ten que dicilo e eu estarei encantado de que participen. Sen
roubarvos máis tempo, voume a ver quen é o artista ao que lle toca ser o
primeiro en saír alagado (ou criticado) no muro. Un saúdo, Rubi_Iy “
Non
te preocupes Ruben que así empezamos todos dentro de pouco vas ser un
consumado especilista no manexo dos blogs. Para entrar no blog preme AQUÍ.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario