26 de xan. de 2012

INAUGURAMOS NOVA SECCIÓN: AS FOTOS DE MARIÑA CHARLIN.

Hoxe inauguramos unha nova sección neste blog, que grazas a vos é un dos mais vistos de Cambados, a sección vaise chamar "AS FOTOS DE MARIÑA CHARLIN". Mariña é unha rapaza de Fefiñans de 16 anos que curso estudos de 1º de Bacharelato  no Instituto de Ensino Secundario Ramón Cabanillas de Cambados. Sempre foi moi afeccionada a fotografía e dende moi 
pequena estivo probando con cámaras ata que polo seu dezaseis cumpre anos lle regalaron unha cámara bástente boa. Dende setembro  ate o de agora sacou centos de fotos, sempre a animei a que  fixera unha sección no meu blog e por fin decideu agora, e aquí o tedes a vosa disposición. Cada pouco tempo Mariña vai ir  aportando mais fotos a este o seu espazo. Evidentemente eu son admirador empedernido da fotografía de Mariña por moitas razóns, pero hai unha fundamental, é a miña filla. O album de fotos de Mariña podedelo nas columnas da dereita.
        
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: