26 de xan. de 2012

DUAS TRUFAS 6000 €. UNHA COMPROUNA UN CAMBADÉS

Tras a xornada de onte, Madrid Fusión pecha hoxe a súa décima edición, sen que ningún restaurante galego chegase á final dos mellores pratos, tapas ou bocadillos. No día de onte, as trufas volveron sorprender na poxa. Dous cotizáronse a 6.000 euros, pagados polo restaurante Don Giovanni e a Real Conservera EspañolaNo mercado culinario todo pode pasar. Esculturas de chocolate, tortas que pesan máis de 30 quilos, asados multitudinarios que entran en récord Guinness e trufas, que se pagan 6.000 euros.

Non son de ouro nin moito menos, se trata de dúas trufas negras que foron subhastadas en
Madrid no marco da feira gastronómica internacional Madrid Fusión. O prezo destes ricos fungos poderíase ter duplicado se os dous finalistas da poxa non se tivesen posto de acordo para compartir o botín e quedar cada un cunha das trufas que compoñían o lote.
O prezo pagado polos fungos é superlativo: no mercado non custarían máis do cinco por cento do total. Non obstante, os compradores estiraron o prezo xa que o recadado foi doado á Fundación Luis Guanella, que colaborar coa Congregación as Fillas de Santa María de la Providencia, especialistas no traballo e asesoría de persoas con minusvalidez mental.
Os dous compradores son fanáticos destes fungos. Mesmo un é considerado na trastenda gastronómica madrilense como o "rei da trufa", será por iso que se animou a gastar unha montaña de euros nun pedaciño do delicioso condimento alimenticio e esquecerse por un anaco da crise que azouta Europa. O outro é un cambadés de familia conserveira concretamente José Peña director xerente de Real Conservera Española, así se gastan os cartos das subvencións que lle da a Xunta e ainda por riba con certos problemas coas empregadas, incrible, pero certo.

          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: