16 de xan. de 2012

A MODIA EN FESTAS: SAN ANTÓN É O PROTAGONISTA.

O vindeiro sábado 21 de Xaneiro  A Modia está de festa celebra o seu día grande o día de San Antón. Previamente o venres 13 de xaneiro xa comezou o novenario con misas para todos os difuntos da parroquia, a intención da Comisión. O día 21 pola mañá, unha salva de bombas e alborada a cargo de Grupos de Gaitas do país, misas rezadas de costume e as 12 do mediodia misa solemne, de seguido procesión. A continuación gran subastas de pezuños e outros donativos.  E xa pola noite, espectucular berbena amenizada porlas orquestras Satélites de A Coruña e Solara. A partir das 12 da noite gran Queima e sorteo dos sobres cos seguintes premios: 1º premio: 150 €, 2º Premio 100 € e ·º Premio 80 €. Haberá rosca e chiculate e a Comisión agredace os seus donativos e desexalles felices festas. O recinto da festa estará cuberto cunha gran carpa.

BENITO PARRACHO
A Modia é un dos lugares mais habitados da parroquia de Vilariño, unha tira alongada de casas que condicionan a estrada, que se fai máis ou menos estreita dependendo delas. Deixamos a man dereita un cruceiro e pouco despois o que debe ser o centro propio da Modia. O coche sobe unha costa moi empinada. Finalmente chego ao lugar de San Antón de detéñome onda a súa capela. Os veciños restauraron recentemente o lugar, empedrando  a praza, que quedou limpa e fermosa. Ao  fondo, algo semellante unha casa reitoral, en ruinas, e comesta polas hedras. Nunha plaquiña situada fronte á capela entérome de que ese edificio foi no seu día un hospital para pobres e transeúntes atendido por monxes franciscanos. No xardín hai un camelio en flor, coma un faro de esperitualidade ainda aceso.
Nesa mesma plaquiña cóntase que cada 17 de xaneiro os veciños celebran a festividade de San Antón. Un coñecido meu que pasaba por ali, mariñeiro, recoméndoume entón preguntar polo presidente da “comisión de veciños”.
Atopo a casa de Benito Parracho despois dun letreiro que anuncia o lugar de Cuiña na parroquia vilanovesa de Tremoedo. Pregunto por el, e marcha  buscalo un mozo, ao parecer a un lugar achegado. Mentras o agardo, observo a paisaxe: é unha fisonomia labrega e irregular ainda ao carón da capela, confundira os cimentos dunha casa en construcción cun cimeterio, e este coa silueta dunha cidade illada nun deserto, cos seus edficios, torres e pináculos…Borro esta impresión enganada na libreta. A Modia ten tamén unha paisaxe moi condicionada porla inmensidade do pazo dos condes de Taboada. O visitante pode admiralo a simple vista pola frondosidade do seu bosque e pola súa interminable muralla.
Á fin chega Benito Parracho. Parece vir de facer algún choio do campo. Semella cordial. Cóntame que a romaría de San Antón ten cada vez mais xente, unha romaría que se volveu a celebrar na Modia hai quince anos, despois de varios en que non se fixera nada. En realidade, a celebración retomouse despois dun reto case personal.
-Un familiar meu tiña un bar en San Tomé. Ïa moitas  veces onda el, e unha vez cadroume ir un 17 de xaneiro. Ese día díxome, ¿oes Benito? ¿Ti sabes o día que é hoxe? ¿E que xa non quedan homes na Modia ou que? – Benito recorda o pasado cunha mistura aparente de orgullo e melancolía- Así que ese mesmo día fun falar con Eladio, que ten a súa muller unha perruqeria alá embaixo na Modia, e pola tarde xa eramos oito persoas na comisión de festas.
Ao día seguinte falaron co cura para anunciarlle que o santo volveria  a ter festa, e ese domingo xa eran trece na comisión. Ao ano seguinte  celebraron a romaría, ata hoxe. O dia grande é o sábado máis achegado ao dezasete. Unha das súas particularidades é a poxa de pezuños de animais, que os poxadores mercan para adubar os callos.
-Eu só coñezo unha poxa semellante en Ourense –di Benito-. Gustariamente que o ano que vén viñese gravar a televisión.
Dende o alto da Modia-San Antón vese un anel montañoso ao fondo, que abarca o horizonte de norte a sur polo leste. Unha alfombra de nubes estáticas agarda aos pés do Castrrove…
Este relato foi sacado do libro “O discurso dos Afluentes –Viaxes polas aldeas e lugares do Salnés-“ do peridodista e escritor  Miguel Anxo Martinez Oubiña, publicado en 2010.
          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: