O Gran Mestre do Capitulo
Serenisimo do Albariño Manuel Fraga Iribarne finou os 89 anos de idade. D.U.P.
Os galegos temos a manía de que cando algúen morre dicir que é moi bo ainda que
sexa un sátrapa e un home nacido do fascismo franquista quen abrazou a
democracia por pura comenencia como é o caso. Este
señor, por definilo dalgún xeito, foi Presidente
fundador do Patido Popular, é un dos propagandistas máis falaces que tivo a
historia recente de
España. Manuel Fraga, Ministro de Información e Turismo do Goberno sanguinario de Franco, ten as mans manchadas de sangue, co sangue de Julián Grimau, lanzando unha campaña de descrédito cara ao militante do Partido Comunista de España, cando foi este foi detido, mallado, torturado e fusilado por orde de Franco e co benepláctio do seu goberno, no cal estaba o líder da oposición (cargo que lle foi imposto por outro dos falsarios da política española, Felipe González).
España. Manuel Fraga, Ministro de Información e Turismo do Goberno sanguinario de Franco, ten as mans manchadas de sangue, co sangue de Julián Grimau, lanzando unha campaña de descrédito cara ao militante do Partido Comunista de España, cando foi este foi detido, mallado, torturado e fusilado por orde de Franco e co benepláctio do seu goberno, no cal estaba o líder da oposición (cargo que lle foi imposto por outro dos falsarios da política española, Felipe González).
Este “señor” estivo en todos os fregados. Nos sucesos de Montejurra, en “La
calle es mia” como ministro de gobernación de de Arias Navarro, e no último goberno
de Franco, aquel que deu no paredón cos últimos fusilamentos da ditadura en
setembro de 1965. Esta é a imaxe “democrática” do partido Popular da man do seu
Presidente Fundador.
"Recordo que me escapaba de casa e viña aquí a pedir un Bacardí. Aquí foi
tamén onde por vez primeira vin un negro. Logo de tocalo fregábame as mans para
ver se me tiznara".
Semellante declaración foi feita por Manuel Fraga Iribarne fronte ao
chiringuito que fose propiedade do seu pai oficial, na localidade cubana de
Maratí o 29 de setembro de 1991, e recolleuna o diario O Mundo no marco do
seguimento da visita a Cuba do ex ministro da ditadura e fundador do Partido
Popular.
En
xuño de 1968 tal e como recolle o diario feito en Arxentina "Correo de Galicia" para os galegos, Fraga Iribarne consideraba delito defender e exaltar o idioma galego, multou
con 50.000 ptas da epoca, toda unha millonada, o periodido “La Voz de Galicia”por publicar o 28 de xullo do ano
anterior unha carta aberta titulada “Sobre el Idioma Gallego” do escritor
Augusto Assia (Felipe Fernandez Armesto) e viña a ser unha maginifica defensa
do noso idioma feita con sólida e serena argumentación. Dicia o periodo “é inconcebible
que un galego da categoría intelectual de Manuel Fraga caira nesa abusurda –unha
verdadeira traizón a Galicia- de
considerar delito e condenar unha defensa da lingua na que a sua nai o arrolou…”.
Coa mesma lóxica Fraga Iribarne houbera condenado con multa e prisión a Rosalia
de Castro, Pondal, Ramón Cabanillas e tantos outros. Anos mais tarde, paradoxas
do destino, este antidemocráta foi presidenta da Xunta de Galicia nada mais e
nada menos que 16 anos, que tivemos que aguantalo, os seus caprichos, os seus
desplantes e a veces a súa mala educación e como non os seus dilirios de
grandeza como tomar posesión de presidente da xunta con miles de gaiteiros, e o peridodico referido puxose dexeonllos diante de "Don Manuel" e os seus acólitos.
Que
lle debe Cambados a Fraga? Baixo o meu criterio non lle debe nada e mais sempre me gustou unha pintaba que habia na
nosa vila que dicia “Cambados, Fraga non te traga”. Fraga con Marisol Bueno fixo que Cambados se
quedara sin sede do Consello Regulador, despois de adicar o Alcalde Touris por
un posto no senado. Tamén lle debemos
que teñamos a fama de ser un pobo de lacaios
e de señoritos e sobre todo debemolle o señor Fraga o convertir a festa do
Albariño nunha verdaderia convención do Partido Popular.
No seu debe ten tamén o de encher a Galicia de merda , co crudo do Prestige, foi un mancha que leva consigo para o outro barrio e que nunca se borrara da mente dos galegos, unha mancha que lembraremos todos pola pésima xestión tanto de Fraga como presidente da Xunta como de todo o seu equipo, unha pandilla de incompetentes.
Esta
entrada vai adicada á Memoria de Julián
Grimau, e de todas e todos aqueles que son a Memoria Histórica da loita pola
Liberdade, a Democracia, a Xustiza Social o Socialismo e o Nacionalismo. Dedicado a aquela
xente que sacaban aos seus fillos adiante e que vían ao seu amor o compañeir@ a
través das reixas. Dedicado para rematar, a aquela xente que sen estar no cárcere, loitaron por todo o
anterior devandito, na máis absoluta clandestinidade.
Deixovos
cunha chamada radiofonica dun ointe hoxe a Radio Nacional que define
perfectamente a Fraga feita con moito educación e respeto, escoita premendo AQUÍ.
![]() |
O Albariño uniu en Cambados, o fascismo e a monarquia. |
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario