Despois
do arrollador éxito de Treixadura en Vigo no Auditorio do Mar perante 1500
persoas, record absoluto en Galicia dunha formación de música tradicinal nun
recinto pechado, presentase no Pazo da Cultura en Pontevedra o vindeiro once de
febreiro ás 21 horas. Treixadura
constitúe un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada
desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Música tradicional,
ritmos, cancións e instrumentos galegos que
encaixan tanto na romarías mais populares como na festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e esuchando a música das súas 15 músicos que, vindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo suficiente para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. Dúas décadas compartindo co público o porder da forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

O novo traballo discográfico "Esa se que é muiñada" (Treixadura
2011), é un traballo que pretende revivir a música e os cantos populares que
aínda se esconden no substracto dun pobo que garda con celo o seu prtrimonio
cultural. Para desenvolver toda esta declaración de intencións o grupo conta coa
colaboración dos coros decanos galegos Cantigas e Agarimos" (Santiago de
Compostela), "Cantigas dá Terra" (A Coruña), "Real coro Toxos e
Froles" (Ferrol), a "Coral De Ruada" (Ourense) e a
"Agrupación Musical do Rosal" (O Rosal, Pontevedra). "Esa se que
é muiñada" é hoxe unha lúa crecente, case chea, que atisba o fin dun ciclo
e, ao tempo, o inicio dun novo. Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas,
nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas, que permanecen en nós desde a
noite dos tempo de man das tradición oral, os libros e a música.
Estes días precisamente cumprense dous anos da
desaparición dun dos membros do orfeon Treixadura o mítico Morgan, os seus
compañeiros fixeronlle un video de agradecemento que podes ver premendo AQUÍ.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario