15 de xan. de 2012

O VOCEIRO DO BNG NO CONCELLO DE CAMBADOS, VICTOR CAAMAÑO CUMPRE 50 ANOS. PARABÉNS.

Victor Caamaño naceu en Noia (A Coruña) un 17 de febreiro  do ano 1962. É veciño de Cambados desde o 1971, cando por motivos laborais os seus pais se trasladaron a vivir ao noso concello. Está casado e teño unha filla e un fillo.  Rematou a educación Primaria no Colexio Antonio Magariños e posteriormente cursuo  o Bacharelato no IES Ramón Cabanillas.  Ademais, desde neno,  xogou  ao fútbol en diversos equipos federados e de afeccionados de
Cambados.  É Licenciado en Bioloxía pola USC e  exerce de profesor de Ensino Secundario desde 1990  na especialidade de Bioloxía. A sua  labor docente foi desenvolvida en diversos centros de ensino de Galiza ata que acadou o destino definitivo en Cambados no ano 1998. Dou clase,  no IES Ramón Cabanillas e actualmente traballa no IES Francisco Asorey. Entre o 2000 e o 2004 foi  Xefe de Estudos de EPA (Ensinanza Permanente de Adultos) no Asorey e desde o 2004 ata o 2008 foi o Director do centro. Durante uns anos compaxinou o labor docente co de Biólogo, realizando proxectos técnicos para empresas alimentarias relacionadas co sector do mar. 
O seu compromiso activo co medio ambiente levouno a formar parte como Socio colaborador do Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) desde o ano 1993, e no 1999 pasou a formar parte da Dirección do grupo como vogal primeiro e logo como Vicepresidente ata o ano 2007. Ademais coordinou e foi poñente en diversos cursos de temática medioambiental no Salnés.  
No desempeño do seu labor profesional considera fundamental que o ensino conte con materiais adaptados á realidade de Galiza, levándolle esta preocupación a ser autor de publicacións didácticas (destacando os libros de texto  de Ciencias Naturais para 1º e 2º de ESO da Editorial Galaxia e Proxecto Didáctico “A Enseada de Umia – O Grove” de Candea). É ademais é autor de publicacións de divulgación medioambiental, entre elas: Serie dos “Espazos Naturais de Galiza”, “As Fervenzas de Galiza”, “Árbores de Galiza”, “As Montañas de Galiza”, “A Natureza” , a serie de “Comarcas de Galiza” (todas elas na Editorial A Nosa Terra),  A Enseada do Umia – O Grove (editado por Candea e o CES). 
Colaborou desde hai anos co BNG en labores de asesoramento ao respecto das necesidades medioambientais e educativas  da comarca do Salnés e máis en concreto do concello de Cambados. Vai para cinco anos que é concelleiro e portavoz municipal do BNG.
Victor é un home entreñabel, sinxelo, honrado, traballador que ademais de ser un exemplo na súa profesión saca tempo libre a familia e as súas afeccións para adicarllo en corpo e alma de maniera desinterada o BNG, o noso respecto e admiración e que cumpras polo menos outros cincoenta mais.
          

                        

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: