18 de xan. de 2012

NOVOS PROPIETARIOS DE CONFEITERÍAS ANKAR PRESENTAN ERE SUSPENSIVO POR 6 MESES

Rosa Abuin.

O avogado dos novos propietarios de Confeiterías Ankar presentou hoxe, na Delegación de Traballo de Vigo, un expediente de regulación de emprego suspensivo durante seis meses, segundo informou a portavoz da CIG, Rosa Abuín. Este novo procedemento levará que o persoal poderá percibir a prestación de desemprego á vez que se tramita o concurso de acredores que terminará en liquidación da empresa. Confeiterías Ankarr ten tendas en Vilagarcía, Cambados, Caldas e Vigo, e totaliza un persoal de 45 traballadoras. A cadea empezou a ter problemas de liquidez ao xubilarse o fundador e
encargarse da xestión os seus sucesores, terminando por vendela a un grupo que non logrou endereitar o rumbo. "As traballadoras levan cinco meses sen cobrar e a súa situación é insostible; agora polo menos percibirán a prestación de desemprego mentres se tramita o concurso", expuxo Abuín. A portavoz da CIG ten claro que "isto acabará en liquidación, e hai polo menos un comprador serio que quere facerse coa empresa. Ninguén comprende que coas vendas que ten estea así", dixo a portavoz sindical.
         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: