17 de xan. de 2012

A UNICA EMPRESA QUE CREA EMPREGO EN CAMBADOS

Unha das poucas empresas , se así se pode chamar, que crean emprego en Cambados ,aparte dos que enchufan no concello, e a Agrupación de Mariscoadoras a Pe. Para as 25 prazas que habilitou a Consellería do Mar para traballar no marisqueo a pé presentáronse 150 solicitudes, algo impensable fai uns anos. Son persoas que están en paro e que queren probar sorte nun sector que, en Cambados, goza de moi boa saúde grazas o esforzo traballo e tesón destas heroinas do mar, nunca me canso
de gabalas. As cambadesas están entre as que máis gañan da comarca. Os seus ingresos oscilan entre os 700 e os 2.000 euros longos que chegan a gañar en agosto e decembro por media xornada de traballo e ben o merecen porque elas non son coma as "señoritangas" (referido a xente que non traballa de nada) que se poñen a tomar café nas terrazas co único obxectivo de criticar a diestro e siniestro;  as mariscadoras  pasan frio, choiva, vento, calor e veñen para terra cun sourriso. 

(Esta foto coma a anterior é de Eduardo Apariz)

Na agrupación consideran que hai marxe para ampliar o número de socias por iso é polo que soliciten á consellería que autorice a concesión de novos permisos de explotación (pérmex), 25 nunha primeira remesa e outros 25 para o próximo ano. A previsión é que as novas mariscadoras poidan empezar a baixar á praia na primavera. Serán as privilexiadas que superen un proceso de selección no que existe unha gran competencia.


COMO SE VALORA A ESTAS CANDIDATAS:
Esta previsto no D.O.G.  do 24 de xullo de 2011 e o baremo para valoración das solicitudes para obter o permiso de explotación son os seguintes:
1.- Por ser demandante de emprego. A puntuación máxima total que se poderá opter neste epigrafe será de 3 puntos.
Polo tempo transcurrido como desempregado/a, debidamente acreditado e sempre que na actualidade sexa demandante de emprego: 0.25 puntos por mes durante un tempo máximo de 1 ano (inmediatamente anterior a convocatoria).



2.- Por formación. A puntuación máxima total que se poderá obter nesta apígrafe será de 3 puntos.
2.1. Materia para a súa formación profesional: temas relacionados con asociacionismo, habilidades sociais, fórmulas organizativas, xestión nas organización sectoriais, lexislación pesqueira e marisqueira, cultivos e xestión das especies propias do marisqueo e pesca en Galicia, así como da súa comercialización:
a) Cursos impartidos pola Conselleria do Mar: 0.05 puntos por hora lectiva do curso, ata un máximo de 1 punto/curso. Se non consta o número de horas, cada curso puntuarese con 0-5 puntos.
Maria Xosé Cacabelos  é unha das mais activas mariscadoras na defensa das súas compañeiras 

b) Cursos impartidos por outros organismos públicos: 0.01 puntos por hora lectiva do curso, ata un máximo de 0.5 puntos/curso. Se non consta o número de horas, cada curso puntuarese con 0.25 puntos.
2.2 materia relacionadas co prevención de riscos laborais:
a) Cursos de prevención de riscos laborais impartidos pola Conselleria do Mar ou por outras entidades/organis os homologados: 0.01 puntos por hora lectiva do curso, ata un máximo de 0.5 puntos/curso. Se non consta o número de horas, cada curso puntuarase con 0.25 puntos.
3. Por estar empadroado nun concello de ambito das confrarias ou entidades titulares do plan de explotación en que está privista a incorporación, durante un periodo mínimo de 1 ano anterior á convocatoria: 4 puntos.

A ver se sabedes cal é a actriz de todas elas.


4. En caso de prudicirse empate na puntuación obtida, resolverase mediante sorteo en presenza das persoas afectadas por tal situación.
Unha comisión da Xunta seleccionara as candidatas con maior puntuación.

      
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: