31 de xan. de 2012

O BNG DENUNCIA AS CHAPUZAS DO CONCELLO EN MATERIA DE APARCAMENTO

O BNG ven de denunciar no seu blog que o goberno do PP en materia de aparcamente camiña hacia a errada solución. Así Victor Caamaño dinos que "se algo non se pode negar é que o PP de Cambados leva  anos de abondo no concello como para ir solucionando os problemas endémicos da nosa vila. Sen dúbida, o máis importante deles é a problemática  urbanística e semella, co paso dos anos, que en vez de ollarse unha 
melloría, a situación vai a peor.  Cun PXOM  paralizado, hai máis de dez anos, que está a hipotecar o desenvolvemento racional de Cambados e sen a máis mínima actuación por parte do concello para que as cousas cambien, estes días comprobamos como a falta de previsión dos consecutivos gobernos municipais do PP seguen a deixarnos, en cuestións de urbanismo, en mans do azar". 

E continuanos informando Victor que "a novidade que aparecía estes días nos medios de comunicación era a posibilidade de transformar a illa das esquecidas e abandonadas Goritas nun aparcamento. E suponse que se refiren a transformala nun aparcamento na súa totalidade,  porque desde hai tempo vense utilizando para iso por iniciativa  dos propios condutores, aínda que aparentemente é unha zona axardinada". 
Caamaño tamén nos fai saber que a Illa das Goritas foi un erro e asi dinos "Se coa recuperación do litoral de Cambados mediante o paseo marítimo pretendíase que o noso pobo volvera a vivir de cara ao mar e non de costas, o que quedou claro é que a construción da illa artificial das Goritas foi un erro (pero un erro moi caro para o peto do contribuínte). Foi un erro porque precisamente consistiu en crear unha barreira cando o que se pretendía era achegarnos ao mar gañándoo como potencialidade turística e de lecer. Incluso, esta illa, foi un obstáculo para o desexado e errado porto deportivo do PP cos seu pretenciosos seiscentos amarres dentro da dársena de Cambados (a illa non deixa espazo para tanto a non ser que parte dos barcos sexan de papel)". 

O voceiro municipal fainos saber que un aparcamento non pode sair tan caro e asi dinos "Hoxe, a errática política urbanística do PP en Cambados propón transformar a illa artificial das Goritas nun aparcamento en toda a súa dimensión. Nunca tan caro saíu un aparcamento e nunca tan mal ubicado estivo coma este. Se nun principio o que se pretendía era gozar dun paseo marítimo con vistas ao mar, finalmente o PP quere transformalo nun paseo marítimo con vistas a un aparcadoiro." 
E Victor sentencia: "O que realmente debe facer o PP é deixar as “chapuzas”  a un lado e desenvolver urbanisticamente o noso pobo para darlle saída e solución a moitos problemas, entre eles aos da falla de aparcamentos; porque tempo para facelo tivo de abondo."
        
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: