31 de xan. de 2012

CARLOS BLANCO NO “ENCONTRO”., ALBERTE MONTES NO “PILON” E A MALDITA BLUES BAN NO “CON DO MOUCHO”

O vindeiro xoves dia 9 de febreiro o Pub vinoteca “ENCONTRO” de Barrantes acollerán a actuación , con motivo do primeiro aniversario do local, nin mais nin menos cun grande do humor o polifácetico Arousán Carlos Blanco, a quen tivemos a sorte de ver recentemente na Pera cunha actuación maxistral cun bis incluido. A risa xa está asegurada e xa podes retirar a tua entrada que en venta anticipada vale 6 euros e o día da actuación 7  €. Asemade o venres dez no mesmo local terá lugar a celebración do seu 
1º aniversario coa actuación do grupo “Toque de Queda”, un grupo nobel  que fai tributo a grupos de poo-rock en castelán. Sortearase entre os asistentes  unha cea para duas persoas e habará mais sorpresas.



ALBERTE MONTES NO PILON               
Doutra banda este xoves 2 de febreiro  ás 23 horas no Pub Pilón de Cambados actuación do humorista Alberte Montes, a entrada custa 3  €.. O colaborador do programa do televisivo Buenafuente Alberte Montes chega o xoves a  Cambados  da súa xira galega para ofrecer as súas «historias, chiscadelas, muecas, caralladas e outras parvadas». O actor e cómico do Barco, aínda que fincado en Barcelona, fará uso e abuso da retranca galega para arrincar a risa co seu monólogo, unha oportunidade para o entretemento. O seu espectáculo de humor leva por título «Albertadas» e é un seguro de gargallada. Alberte reune a doble condición de galego e catalán en el a mistura desas duas procedencias pode ser explosiva.

CON DO MOUCHO
E por último o sábado 4 de Febreiro no “Con do Moucho” na Illa de Arousa a partir das 23.30 horas actuación de “La Maldita Blues Band”.



           
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: