Gustanos especialmente ler e enterarnos de novas coma esta, os nosos mais sinceiros
parabéns a Policia Local de Cambados. O seu programa "VEL A" acaba
de recibir o premio "Fesvial" tras
competir con outras 37 iniciativas procedentes mesmo
de
grandes cidades. É máis, foi o único concello galego
participante que logrou o recoñecemento do xurado por este conxunto de accións
que tiñan por obxectivo sensibilizar e educar os máis novos para previr a
condución baixo os efectos do alcohol. O programa foi posto en marcha en febreiro de 2010 e con grande éxito en
palabras dos responsables municipais. O seu promotor foi o xefe do Corpo local, Maximino Cid Ferro,
(actualmente en comisión de servizo en Ourense) que tamén tivo a idea de concorrer ao certame
convocado por SegunCITY, unha entidade que agrupa responsables de seguridade
local de todo o ámbito nacional.
Concretamente, a capital do albariño logrou
o segundo posto na modalidade de boas prácticas, por diante de Castelló ou Amorebieta(Bizkaia). Pero, en total, competiu con outras 37
iniciativas procedentes de cidades galegas como A Coruña e Pontevedra que,
segundo Cid
Ferro, presentou ata dous cada unha; e urbes como Madrid.
Fallo do xurado > El xurado
concedeu a distinción ao proxecto "VELA "
(refírese á ecuación Velocidade e Alcohol) tras valorar diversos aspectos moi
positivos, como o alto nivel de calidade dos materiais empregados, a
cooperación con outras institucións e o traballo en rede coas diferentes
entidades representativas do tecido social e a comunidade escolar",
segundo a acta do fallo.
Cabe
recordar que se implicou á Dirección Xeral de Tráfico, a asociación Zona Centro, os institutos e os pubs do
batifondo nocturno tamén colaboraron coa proxección de imaxes relacionadas cos
perigos da velocidade e o alcohol, así como na repartición de folletos.
No seu
momento, a campaña xa foi pioneira en toda a provincia, sobre todo, pola súa
banda práctica. Levouse a cabo nas propias rúas da localidade por medio dun
estudo de velocidade non sancionable aos condutores para que os mozos coñecesen
o radar en primeira persoa, coas explicacións dos axentes da Policía Local.
A fase teórica desenvolveuse no Francisco Asorey e
o Ramón
Cabanillas, coa participación tamén dos docentes. E ademais, convocouse
un concurso nacional de deseño de carteis para que os estudantes expuxesen
dende a creatividade o seu particular visión sobre os problemas do tráfico.
Todo o necesario para reducir as vítimas da estrada cero. Cada ano falecen
1.500 mozos.
O xefe da Policía Local, Maximino Cid Ferro, manifestaba onte a súa satisfacción
pola consecución deste galardón dende a súa cidade natal, Ourense,
onde permanece dende hai case un ano en comisión de servizo. Como experto e
coordinador da iniciativa cre "VEL A"
cumpriu os seus obxectivos e, sobre todo, permitiu "romper a barreira
existente entre o axente e a xente nova, que nos viran como o que somos, un
servizo público,".
O policía cualificou a experiencia como positiva e valorou os seus resultados.
Así, a curto prazo considera que foi beneficiosa porque achegou aos máis novos
a ferramentas como o radar, para facelos chegar á conclusión de que velocidade
e condución pode resultar moi doadamente nun accidente mortal; así como para
achegar a figura do axente á cidadanía e, sobre todo, entre os máis novos que
só vían neles á autoridade e non ao servizo público que son, "era unha das
miñas pretensións", manifestou.
En canto aos seus efectos a medio e longo prazo, Cid Ferro considera
que o feito de que ese ano (2010) non houbese accidentes mortais nin tampouco
con feridos de gravidade nos que participasen o alcohol e a velocidade é
destacable aínda que, "ao mellor é unha casualidade". Tamén considera
o xefe que este premio pon a Cambados "no
panorama nacional da seguridade vial". Un posto ao que contribuíron,
segundo el, outros logros como o concurso de teatro da DGT gando pola asociación Esperanza Salnésou o
curso de verán organizado coa colaboración da Universidade de Vigo, e ao que acudiron máis de 100
expertos chegados de toda España. Un conxunto de iniciativas que sumado a
outras accións desenvolvidas polo Corpo (como os controis preventivos)
"nos converten nun dos sitios máis seguros".
El foi o creador e deseñador da campaña pero onte manifestaba que sen a aposta
do Concello,
dos axentes e, sobre todo, da cidadanía cambadesa non tería sido posible.
Por outra parte, o mes que vén cumprirase un ano dende que lle foi concedida a
comisión e descoñece cando regresará.
Pero como o mellor escribano ten un borrón, hoxe cariñosamente e xa que falamos da policia local traemos esta "simpática" foto no que o "cazador" podia ser "cazado". Sen acritude.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario