1 de feb. de 2012

UN "CERO PATATERO" PARA O CONCELLO DE CAMBADOS EN PROTOCOLO

No Blog Cambados Xusto vemos un comunicado do grupo municipal sociualista de Cambados  a propósito dos actos celebrados o sábado pasado na honra do noso escultor Asorey con motivo da clausura do seu decepcionante ano para algúns e dicia así: “”O Grupo Municipal Socialista do Concello de Cambados manifesta o seu malestar polo que considera unha falla de educación e de sentido institucional ó non invitar á totalidade dos actos de clausura do ano Asorey. Os socialistas queren recordar que foi unha iniciativa do PSOE aprobada en pleno por
unanimidade onde se acordou celebrar no 2011 o ano Asorey. 

A raiz desa aprobacion creouse unha comision encargada de organizar e programar os actos do ano Asorey, e nos parece unha falla de respeto hacia esa comisión este tipo de actuacions do PP.

Os socialistas critican que teñan que enterarse polos medios de prensa en que consisten os actos de clausura do ano Asorey, e sen embargo só reciben invitación por carta e por e-mail para unha parte dos actos.

A Corporacion Municipal a forman o grupo de goberno, pero tamén os dous grupos da oposición (PSOE e BNG), que neste tipo de actos son sempre ninguneados e privados de participar en actos institucionais, como acostumados como estan a confundir a maioria absoluta co abuso de poder.
Rafael Blanco.
O PP en Cambados está acostumado a pensar que o Concello e os cidadáns son deles, que esto é unha finca privada na que poden facer e distribuir ó seu antoxo. Cambados nin é unha finca privada nin o PP pode facer o que lle veña en gaña, é un acto de prepotencia no que se demostra que pouco lles importan os cidadáns. Só lles interesa presumir e darse o paseillo de modelos, puro egocentrismo e mala educación. Os cidadáns deben saber que estes actos e os desenvolvidos ó longo do ano están financiados con cartos de «todos» os cidadáns e non con cartos do PP.
Rafael Blanco Guerreiro

PORTAVOZ MUNICIPAL

PSdeG-PSOE””

Fun testemuña presencial deste desaguisado, desta forma de discriminar a oposición neste lamentabel concello de Cambados onde un Alcalde o unico que sabe e promocinar concursos machistas. Quen é o encargado do protocolo no concello de Cambados?. Cobra alguen no Concello por esto?. E posible que todos concelleiros do PP estean sentados en lugar reservado e os da oposición nadie os invite a sentalos no mesmo sitio. Lamentabel e iso que vin perfectamente como un empregado do concello só se preoucupaba da xente do PP os demais que nos dean, pero teño que dicir que a ese empregado pagamolo todos non so os simpatizantes e militantes do PP.
Arturo Cores
Xa noutra entrada do mesmo blog , expcecionalmente levado por Arturo Cores Rodriguez  tiña outro post que titulaba “A alcaldía de Cambados non representa a todos os cambadeses” que tamén vos invitamos a ler premendo AQUÍ.
        
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.





Ningún comentario: