21 de xan. de 2012

O PROXECTO QUE TIÑA O BNG PARA O CUARTEL DA GUARDIA CIVIL SO TIÑA UN CALIFICATIVO: PERFECTO

O  alcalde aproveitou a súa viaxe a Madrid de turismo pagado a conta de todos os cambadeses para manter reunións con diferentes responsables do Goberno central que permitan desbloquear proxectos de importancia para Cambados. Entre eles, co director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa (aquel que fixo unha desfeita co Prestige), que se comprometeu a analizar todas as posibilidades existentes para facer viable a construción do tan necesario novo cuartel. Con que non se reuniu foi 
co trampón de Montoro quen  nos vai subir o IBI caseque 40 euros por cada edficación  a cada cambadés o ano
O rexedor municipal expuxo ao director a súa preocupación pola demora de catro anos que acumula a iniciativa porque obriga aos axentes destinados na capital do albariño a vivir e traballar nun edificio en moi malas condicións. De feito, e aínda que acudiu á reunión sendo consciente de que a actual conxuntura económica é vinculante, manifestoulle a necesidade de impulsar o proxecto para construílo canto antes, a Luis esqueceuselle de levar o macro proxecto que tiña o BNG para o cuartel  e do cal falaremos mais adiante.


Fernández De Mesa entendeu a inquietude do rexedor e comprometeuse a estudalo co "máximo interese" aínda que, resaltou, que o momento actual é difícil e a racionalización do gasto manda na administración, en outras palabras que vos entendedes “Mandouno o carallo”. Con todo, trasladou ao cambadés que analizará todas as alternativas existentes para facer viable o proxecto. Por certo sen querer Aragunde xa nos dixo quen sera un dos cabeleiros do Albariño para este ano o “guaperas” de Fernández de Mesa (acordadevos do que digo).

Dende logo como deciamos no titular desta nova o proxecto para o cuartel de Cambados que tiña o BNG no seu programa era perfecto.


O BNG deCambados consideraba que a zona de Fefiñáns precisaba un cambio na súa configuración. Facian falta máis aparcadoiros e liberar a «densidade edificatoria» que afecta a esta contorna. Esta ambiciosa proposta  queria dotar á contorna de máis estacionamentos. Para iso queria pechar o campo de fútbol de Burgáns para construír alí o cuartel da Garda Civil e construír, no espazo que ocupa este inmoble, un novo aparcadoiro subterráneo. Esta iniciativa contaba co visto e prace do presidente do Consorcio do Comercio Marcos Gozález e de Zona Centro segundo lle fixo saber este o propio Victor Caamaño, conversa da que fun testemmuña.


Unha proposta que “pode ser polémica”, recoñocia Víctor Caamaño, con todo, aseguraba que o propuxeron a representantes dos comerciantes e os Clubs deportivos, entre eles o C.J. Cambados,  durante unha reunión e amosaron o seu acordo.A proposta do Bloque pasaba por sacar o cuartel da súa localización actual. Iso permitiría construír «unha praza pública de 2.000 metros cadrados», baixo a que se situaría un aparcadoiro. Ese novo espazo «enlazaría coa torre do homenaxe, seguindo en paralelo ou muro do palacio». Así se habilitarían 160 novas prazas de estacionamento e recuperaríase ou contorno do centro histórico».
Ordenar zonas da vila para mellorar as súas comunicacións, resolver os problemas de aparcadoiro que hai na contorna dos xulgados, aumentar servizos e zonas de lecer. Pretendiase completar o paseo pola Torre dá Homenaxe e o muro do Pazo de Fefiñáns (desde a propia praza), así como urbanizar a unida de xestión de chan urbanizable Cruceiro A1, comprendida entre o casco histórico e a circunvalación de Beleco a Cabana.
 Sería preciso desenvolver urbanisticamente a contorna da avenida do Salnés, medida «que pode promover o propio concello». Así se daría saída ás rúas do xulgado e habilitaríanse novos estacionamentos nos terreos dos aproveitamentos urbanísticos. Para rematar, instalaríase zona azul nas rúas máis próximas a Fefiñáns, «que é o que levan anos pedindo os comerciantes. Con isto daríase saída aos problemas do centro histórico».


O cuartel, pola súa banda, instalaríase no campo de Burgáns, onde disporía dunha parcela de moito maior tamaño. Incluso neste mesmo espazo seria ideal construir o Centro de Dia con amplos espazos verdes e non “encaixalo”en Santo Tome.


O campo de Burgáns «está sobredimensionado, ten un mantemento moi caro e é un campo ao que non acode demasiada xente».  Chegaga o momento, dicia o BNG  de botarlle o peche e devolver os partidos do Cambados o complexo Polideportivo do Pombal. Esta  proposta de converter parte deste recinto deportivo en cuartel da Garda Civil inclúe tamén unha serie de melloras no Pombal, para dotar ao club de fútbol dun recinto en condicións.
O novo cuartel tería unha superficie de «3.500 metros cadrados», co que disporía de mais espazo que actualmente. A práctica deportiva centraríase, así, no Pombal. Alí realizaríanse obras para humanizar a contorna e construír unha nova bancada. Tamén se daría unha planta máis aos vestiarios para construír unha «zona lúdica na que habería aulas de computadores e monitores para atender aos rapaces que van ás escolas de fútbol base, baloncesto e tenis», conclúe.
E PP en troques segue coa idea de manter o Cuartel no seu sitio, afogando a zona administrativa de Fefiñans (Xulgados, Rexistro da Propiedade Inem etc), con grave prexuizo para hostaleria e comerciantes.
           
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: