21 de xan. de 2012

O BNG VEN DE PROPOÑER EN HOMENAXE A ERNESTO ABAL QUE O CENTRO CULTURAL DE VILARIÑO LEVE O SEU NOME

O BNG de Cambados ven de publicar no seu blog en solicitude remitida o Concello de Cambados, que o Centro Cultural de Vilariño no futuro pase a denominarse "Centro Cultural "Ernesto Abal". e homenaxe o recentemente falecido bombeiro de Faiscas Ernesto Abal González. Victor Caamaño portavoz do grupo Municipal do BNG de Cambados, ven de argumento no escrito o seguinte: "que recentemente ven de falecer, nun desgraciado accidente na súa casa de San Adrián de Vilariño, Ernesto Abal González, membro do 
grupo de música tradicional “Os faíscas de Solobeira”. Non se pode definir mellor a Ernesto Abal que como o fai Xaquín Xesteira ao dicir que era un  home dun corazón inmenso e unha amizade infinita, amigo dos amigos e un apaixonado da música tradicional, que levaba 20 anos formando parte do Grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA e tiña a peculiaridade de poder extraer do seu instrumento un son moi especial que destacaba pola súa nitidez e perfecta afinación, ademais do seu estilo propio e característico. 
Sempre ligado á cultura do país, Ernesto era irmán de Secundino Abal o gaiteiro de Vilariño que fundara OS CARBALLEIRAS, homenaxeado recentemente no concello de Cambados. Ademais de todo o que se puidera contar da súa persoa, todo positivo, foi un home que viviu dunha forma moi especial e intensa as diferentes actividades culturais nas que participou. Nos anos 70, foi directivo do “Club Juventud de Cambados”; tamén durante 17 anos foi o presidente da Comisión de Festas de San Roque en San Adrián de Vilariño; así mesmo foi presidente e un dos fundadores do Plantel Xuvenil Mocidade de Vilariño, onde nos anos oitenta chegou a ter gran movemento de actividades culturais como baile, Banda de Gaitas, coro, teatro, etc, nas que participaban máis de 200 rapaces da parroquia; tamén participou na comisión da Festa do Labrego, sendo nos primeiros anos un dos seus promotores e colaborador principal; e, como dixemos antes, durante 20 anos formou parte dun dos grupos de maior prestixio de Galicia, como son OS FAÍSCAS. En todo o que participou, sempre quixo que a nosa cultura e sobre todo, a nosa música, estivese no lugar máis alto que podamos imaxinar", e remata o mesmo solicitando "que o señor alcalde teña a ben considerar que na súa honra o Centro Cultural de Vilariño pase a chamarse CENTRO CULTURAL ERNESTO ABAL". Eu dende logo que secuntdo esta solicitude sen ningún xenero de dúbidas. 
         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: