9 de xan. de 2012

O REFUXIO NECESITA DE MAIS SINATURAS


O Refuxio leva mais de 2000 sinaturas  e casique 1000 impresas nas follas, seguen a necesitar máis, pidennos  que poñamos un enlace nos nosos blogs, facebook etc., e axudar a súa difusión. Neste blog xa fai tempo que existe este enlace, como din no Refuxio entre todos podemos evitar que a vida dos animais sea adxudicada a empresas onde nunca prevalecen os
seus dereitos.
Un dato importantisimo do Refuxio e que preto  do 80% dos cans recollidos polo Refuxio de Animais en 2011 atoparon un fogar. Así o pon de manifesto os seus responsables no balance anual da súa actividade onde tamén reflicten a súa colaboración no rescate doutros animais como aves e ata cobayas. 

A protectora presidida por Olga Costa recepcionó nas súas instalacións de Corvillón a un total de 430 cans durante o pasado ano. Do cómputo total, 328 foron adoptados, 17 entregados aos seus donos (grazas á súa identificación con microchip) e outros 32 faleceron (5 adultos e 27 cachorros de menos dun mes).

     
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: