9 de xan. de 2012

PRESIDENTE DE GOBERNO DESAPARECIDO “SE BUSCA”


Este mes de xaneiro o Presidente do Goberno do Estado español un tal Rajoy, desgrazadamente galego para mais señas, está desaparecido, algúns din que o teñen visto por Galicia durante estes días, outros din que está nunha zona residencial de Madrid, os seus voceiros son unha tal Saiz de Santamaria, cun morro que se o pisa , un tal de Guindos e un tal Montoro este ten mais cara que costas, dan largas sobre o seu paradoiro e non queren dicir onde esta. Este home amenazou os sindicados e a patronal para que se puxeran dacordo para un non sei que pacto laboral antes do pasado domingo , segundo os seus voceiros acaballe de dar unha semana mais, namentras el segue sen aparecer. Ainda que o seu orixen é galego nunca falou neste idioma. Buscase por trampon, mentireiro e embaucador, xa que xurou por
activa e por pasiva que non ia a subir os impostos, unha vez se fixo cargo da súa vivenda na Moncloa, precisamente o primeiro que fixo foi subir os impostos e non precisamente os mais ricos senón os mais pobres os que temos unhas rentas de  clase media. Parece ser e segundo os seus voceiros  que pode ser que en febreiro volte o seu pais. Se o vedes dar aviso nas Subdelegacións do Goberno. É urxente. Aquí vos deixo un video das suas principais infraccións , paga a pena velo de verdade, preme AQUÍ.
E botalle unha ollada a este video tamén premendo AQUÍ.
         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: