9 de xan. de 2012

“LUME DE COBIZA” NO CIRCULO DE LECTORES


O libro escrito por Miguel Anxo Fernández, carballinés de nacemento pero cambadés de adopción, “Lume de Cobiza” non para de acoller parabéns e distincións desta vez o afamado Circulo de Lectores é quen recolle nas súas páxinas, e en lugar destacado este libro do noso amigo Miguel Anxo Fernández  que vai pola súa terceira edición, e seguro que camiño de esgotarse. Pero esta non é a primeira vez que Miguel anxo coloca un dos seus libros nesta organización xa “Un nicho para Marilyn”  tivera un oco nestas páxinas. Miguel Anxo é un dos homes mais polifáceticos do noso pais, enamorado de Cambados, onde vive esporadicamente,  e onde estivo dando clases no colexio de Castrelo durante moitos anos, critico de 
cine, escritor, empresario cinematografico, en fin un curriculum enviadiable por calquera. E como el mesmo nos conta no seu facebook ”Non hai pracer más grande para quen militamos da República das Letras (dito con toda a modestia, conste) que o contacto directo cos lectores, e pasar da palabra escrita á falada arredor da obra propia. Escoitar como viviron e sentiron a historia que contaches a través do papel. Xaneiro comeza ben (e sumando alí onde me chamen):
Martes, 10: Clube de Lectura SETE VIDAS, do Espazo Lectura, en Gondomar.
Venres, 20: Facultade Ciencias Sociais e da Comunicación, Pontevedra.
Martes, 24: Clube de Lectura LIBROS ABERTOS, de Piñor."
Non para Miguel Anxo de presentar o seu libro por todo o pais, non é de extranar que vaia pola terceira edición.
Entrañable foto de Isaac Diaz Pardo co recentemente falecido Isaac Diaz Pardo.
        
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: