9 de xan. de 2012

¿CAL É O AEROPORTO DO SALNES?

A Bacolla

Esta pregunta era lanzada o outro día dende un medio de prensa e mediante datos deciase que os preferidos dos habitantes do Salnés eran Vigo e Santiago pero seguindolle de preto Porto. Neste pais temos un problema de localismos que non hai quen no lo quite de enriba. Galicia conta na actualidade con tres aeroportos, e agora que tanto se está a falar de mancomunar servizos, porque non unha eliminacións dos aeroportos de Vigo e Alvedro e que se faga e dote 
a Santiago como un grande aeroporto, o grande aeroporto do noso pais Galicia. O estado español estase a gastar verdadeiras burradas de millóns de euros en manter auroportos inutís:
Alvedro

Pero... cantos aeroportos hai na España interior? Fagamos unha pequena lista de aeroportos, número de operacións e tráfico de viaxeiros

Albacete >2 operacións/día >41 pasaxeiros/día

Badaxoz >6 operacións/día >221 pasaxeiros/día
Burgos >2 operacións/día >76 pasaxeiros/día
Ciudad Real >2 operacións/día >97 pasaxeiros/día
Córdoba > Desde 2008 non voa ningún avión comercial. Aínda así, con demanda 0, está en obras de ampliación
Granada-Xaén >26 operacións/día >3.254 pasaxeiros/día
Huesca >0 operacións/día (3 en inverno) >17 pasaxeiros/día
León >8 operacións/día >258 pasaxeiros/día
Logroño >2 operacións/día >97 pasaxeiros/día
Lleida >8 operacións/día > Non hai datos, inaugurado en Xaneiro
Pamplona >20 operacións/día >919 pasaxeiros/día
Salamanca >6 operacións/día >145 pasaxeiros/día
Valladolid >16 operacións/día >1027 pasaxeiros/día
Vitoria >2 operacións/día >109 pasaxeiros/día
Vigo
Quizais un atenuante é que algúns deles son parte de bases militares, que aproveitando que estaba o campo de voo e a plataforma feita simplemente se construíu unha pequena terminal para aproveitar a instalación par tráfico civil. É o caso de Albacete,Salamanca e Valladolid, pero outros como o de Burgos non ten perdón de Deus: unha infraestrutura cun custo superior a 45 millóns de euros e uns gastos de mantemento anual próximos aos 10 millóns de euros. Diariamente, o custo de apertura deste aeroporto elévase a máis de 27.000 euros, o que fai que cada viaxeiro que usa o aeródromo burgalés lle custa a AENA a chilindrada de 360 euros. isto é sostible?
Sinceramente, NON. Durante os últimos anos gastamos coma se o diñeiro fose infinito e infraestruturas como esta son o exemplo. Ningún aeroporto que mova unha cifra de viaxeiros inferior a un millón ao ano é sostible. E non é sostible porque os gastos de explotación son maiores aos que se obteñen pola vía das taxas aeroportuarias. Para facernos unha idea, a taxa aeroportuaria de Barajas (a máis cara do país) é de 11 euros por viaxeiro. Mesmo aplicando esa taxa, co que se recada por taxas ao longo de todo o ano Burgos só podería abrir 11 días ao ano cos fondos que por si mesmo xera. De toleria.

Ainda que Alvedro e Vigo non están metidos nesta lista negra, é necesario, ou debia de ser necesario unha restructuración dos nosos aeroportos, e como digo deixalo nun gran aeroporto  que estaria sen dúbida ningunha en Santiago, Centro neuralxico de Galicia.
         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: