8 de xan. de 2012

UNHA XUIZ ARXENTINA QUERE PROCESAR O EXPRESIDENTE DA XUNTA POR XENOCIDIO

Mentres que en Chile se abriu un vivo debate ao fío da decisión do Goberno conservador de Sebastián Piñera de cambiar nos textos para os escolares de ensino básico a denominación do período de Augusto Pinochet de "ditadura" a "réxime militar" ien Arxentina a xuíz María Romilda Servini de Cubría solicitou ao Goberno de Mariano, o estadista, para que informe se no noso país no período comprendido entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977 houbo represión e asasinatos durante a
ditadura do xeneral Franco, os fillos e netos do réxime, é dicir, os xenoveses (peperos) orixinais e xenuínos, repártense o botín electoral e vólvense resituar nos postos claves da administración do Estado.

A memoria histórica con Mariano en La Moncloa vai camiño do ostracismo. Dálles a risa só pensar de que a xuíz arxentina solicitase tamén os "nomes e últimos domicilios dos membros dos Consellos de Ministros dos Gobernos do Estado Español e dos membros dos mandos das Forzas Armadas, Garda Civil, Policía Armada, directores de Seguridade e dirixentes de La Falange" do período 1936-1977"

E non lles faltan os motivos para partirse de risa. O seu propio Presidente Nacional vitalicio, Manuel Fraga Iribarne foi un deses Ministros que participou activamente coa ditadura e que en prol dunha transición ordenada e pacifica nunca se lle pediu responsabilidades pola súa entusiasta colaboración.

Como tamén o foron os numerosos pais, sogros e avós dos altos cargos que hoxe se sentan no mesmo Consello de Ministros e nas máis altas institucións do Estado. Vallan 3 exemplos para saber de que estamos a falar. Dende o sogro do actual Ministro de Xustiza, pasando polo pai do Presidente do Congreso dos Deputados ata coñecidos membros do Tribunal de Contas.

E en metade desta poeira de desmemoria e de desvergonza, o xuíz Garzón procesado por investigar os crimes da ditadura franquista que en breve pasará a denominarse réxime militar. Todo se andará.

                      
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: