11 de xan. de 2012

UNHA OBRA DE FRANCISCO LEIRO NA NOVA FACULTADE DE EDUCACION DA UNED DE MADRID.

A obra escultórica titulada “Xogadora de Jockey”, obra do escultor cambadés Francisco Leiro estará a partires do 18 de xaneiro no novo edificio da Facultade de Educación da cidade universitaria da Uned en Madrid. A acto de inauguración deste edificio terá lugar dito día  ás once trinta horas. Primeiramente haberá unha mesa redonda sobre os "Orígenes de la metodología pedagógica en la UNED. Reconocimiento al Dr. Jaume Sarramona".
Interveñen: Dr. Manuel J. García Garrido, Dr. Faustino Fernández Miranda e  Dr. Jaume Sarramona. Despois terá lugar a  entrega dunha placa de homenaxe o Dr. Sarramona . Máis tarde  procéderase coa  toma de posesión do novo Decano da Facultade de Educación, Dr. José Luis García Llamas . Por último terá lugar a  presentación da escultura de. Francisco Leiro Lois no patio central de la segunda planta que leva por nome “Xogadora de Jockey”. Esta obra foi mercada o noso paisano o 30 de novembro pasado e custoulle a Uned a cifra de 80.000 €. Rematará o acto cunha visita o edificio e a degustación dunha copa de viño.
     
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: