"
Cando fomos os mellores " é unha das mellores cancións deLoquillo. A súa
letra vén como anel ao dedo para recordar que sos quedan algúns que o foron
todo cando os seus valedores e beneficiarios certifican que xa non é
politicamente correcto manterse preto do que parece un cadáver político.
Este é o caso do cabaleiro do Albariño Jaume Matas Palau ex presidente do PP en
Baleares, ex Presidente da C.A e ex Ministro de Medio Ambiente cos gobernos da
Cousa. Hoxe
está sentado no banco por todo tipo de delitos que cometeu no denominado Caso Palma Area.
está sentado no banco por todo tipo de delitos que cometeu no denominado Caso Palma Area.
Pero o motivo deste post non é entrar neste Caso.. O motivo é refrescar a
memoria aos que agora miran para outro lado e non saben nin sequera onde esta
Baleares. Son numerosos os exemplos de peperos orixinais e xenuínos que durante
anos se deixaban ver con Matas, ceaban con Matas, xantaban con Matas,
paseábanse en iate con Matas, invitaban a Matas a todo tipo de serán, facían
negocios á sombra de Matas. A súa xestión era un referente do bo goberno
popular.
Un modelo a seguir se algunha vez -dicían- gobernasen en España. Un
deses casos temolos precisamente en Cambados, o exalcalde Touris, actual superdelegado quen o mesmo dia de do Albariño
de 2002 nomeo dona e cabaleiro respectivamente a Ana Pastor "Alemán" e Jaume Matas, anecdoticamente
non cumpreu o xuramento integramente xa
que non quixo beber como é de rigor no xuramento de entrada á orde. O
presidente da Xunta, Manuel Fraga, aforrador, decidiu que o viño da copa
destinada ao ministro non podía perderse e alí mesmo fíxolle as honras.
Pero temos mais exemplos deste “non coñcecer a Matas” , pola súa importancia
imos seleccionamos tres:
O primeiro é por méritos propios Mariano, o estadista a tempo parcial. Todo ía
ben ata que un día, visto como evolucionaba o patio xudicial, decidiu quitarse
do medio e pronunciar aquela frase referida a Matas no que lle desexaba sorte e
que,defendésese se é que podía. Ata ese instante foron moitos anos de relación
persoal, familiar e política. Compañeiros de Consello de Ministros, compañeiros como cabaleiros do Albariño, compañeiros
de Partido, ata algún que outra viaxe a Baleares para compartir mesa, puro e
confidencias.
O segundo é o inmoral Pedro José Ramírez Codina (candidato sempiterno a
Cabeleiro do Albariño, pero ten un caché moi alto) que vió en Matas, como antes
a outros moitos que despois lle saíron ra ( Mario Conde, etc ) unha especie de
filón para facer negocios mediáticos nas illas e xa de paso buscarse a súa
protección oficial para que a súa piscina ilegal fose preservada da mirada
atónita de cidadáns indignados ( en honra á verdade hai que dicir que neste
apoio non estivo só apoiado por Matas. Tamén un ex Ministro de ZP, por razóns que
só o e o seu confesor coñecen, decidiu utilizar as súas influencias para apoiar
ao inmoral do seu amigo Pedro José ). O paradoxo para Matas é que hoxe está
sentado no banco dos acusados xunto a un estreito colaborador do xornal que
dirixe o mesmo personaxe que durante anos foi o seu amigo da alma, iate e
piscina. .
E para rematar non podía faltar á cita o cada día menos xenro e cada vez menos
presunto, Iñaki Urdangarín. A súa alianzas con afán de lucro con Matas e a súa
contorna eran notorias e publicas. Por sabelas, admítese agora que o sabían ata
na Zarzuela.Era diñeiro facil que saía sen retorno do erario publico. Os seus
convenios á sombra da brisa do mediterraneo estalles levando a un portal sen
saída. Visto o visto, non deixa de ser curioso que o primeiro dos exemplos
citados sexa agora Presidente do Goberno, o segundo continue envenenando este
país as 24h do día e só sexa o terceiro o único que leva camiño de sentar no
mesmo banco que hoxe a estreado o seu patrocinador. As voltas que dá a vida.
![]() |
Matas, un Cabaleiro do Albariño que ningúen coñece agora. |
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario