![]() |
Ainda que suba o paro Aragunde segue a rir. |
Durante
o mes de decembro, un mes no que normalmente o paro baixa grazas a hostaleria e
comercio neste caso grazas a nefasta labor que ven aplicando en tal materia o
noso alcalde Luis Aragunde aumentou en
Cambados en nada mais e nada menos que 120 persoas, situándose o número total de
parados no noso municipio en 1.629 persoas, todo un record en mans do PP
Dividida esa cifra xeral por sexo e por tramos de idade sáenos que o total de
homes parados é de 830 dos cales 126 son menores de 25 anos, e 704 maiores de
25. As mulleres suman 799 paradas das cales 74 corresponden ao tramo de menores
de 25 anos e 725 ás maiores desa idade. Hai que dar un dato tamén moi
importante, canto tomou posesión o Partido Popular
ala polo ano 1987 o Concello de Cambados era unha das “empresas” que menos empregados tiña na vila, na actualidade é a “empresa” que mais empregados ten na vila xa que a maoria, grazas a xestión de Louzán, Touris e Aragunde foron o tacho.
ala polo ano 1987 o Concello de Cambados era unha das “empresas” que menos empregados tiña na vila, na actualidade é a “empresa” que mais empregados ten na vila xa que a maoria, grazas a xestión de Louzán, Touris e Aragunde foron o tacho.
Doutra banda acábanse de facer públicos os datos do Instituo Galego de
Estatística para 2011 no que se pode observar que a poboación de Cambados
aumenta en 20 persoas con respecto ao anterior período, pero non vaiades pensar
que é grazas o incrmento de natalidade, nada mais lonxe da realidade posto que
os falecementos en Cambados superan os nacementos, é grazas a o incremento da colonia de
emigrantes do noso pobo.
Con este incremento a poboación local sitúase en 13.946 habitantes dos cales
6.777 son homes e 7.169 mulleres.
As localidades de Arousa que incrementan número de habitantes son Cambados, A
Illa de Arousa, Ribadumia, Catoira e Sanxenxo. Todas as demais, Vilagarcía de
Arousa, Vilanova, O Grove, Meis, Meaño, Valla e Pontecesures perden poboación.
E
por último outra cousa que incremente tamén en plena época de crise son os
gastos do concello o noso Alcalde vaise de viaxe a Fitur, tanto que se está a
falar de mancomunar servizos que boa ocasión para facelo baixo o nome xa
existente de Mancomunidade do Salnés e aforrarnos a todos arousáns unha serie
de gastos, peros os Señores (Aragunde e compañía) en vez de aforrar queren
gastar. Asi nos vai.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario