Entre os sangrantes impostos
polos que nos está a masacrar o PP do desaparecido Mariano Rajoy, está o I.B.I.
(Imposto Ben Inmobles), chamado a
intentar insuflar algo de movemento ás arcas dos concellos.
Luis Aragunde xa se estivo a
frotar as mans e en Cambados xa
estiveron botando contas e calculando uns ingresos cos que non contaban a
priori. Os nosos alegres gobernantes moi dispostos a hora de subir impostos
como todos sabemos esperan que o recibo
que pagan os veciños sufra un
incremento anual duns 30 euros, aínda que esa cifra variará en virtude de varios factores e de cada caso concreto. En total Luis Aragunde espera acadar deste novo masacramento dos ciudadanos de Cambados, uns 100.000 euros anuais.
incremento anual duns 30 euros, aínda que esa cifra variará en virtude de varios factores e de cada caso concreto. En total Luis Aragunde espera acadar deste novo masacramento dos ciudadanos de Cambados, uns 100.000 euros anuais.
![]() |
Fotograma do golpe de estado do 86. |
Pero
a historia hai que lembrala de vez en cando sobre todo a unha xeneración que
nunca veu o video que agora podedes ver grazas a “A TI MEU CAMBADOS” e en
exclusiva e o que o grabou, o cámara de Televisión de Galicia e Cambadés de Pro
Benjamin Rey.
Por unha subida similar houbo unha manifestación en Cambados
cando gobernaba Unión Galega (o actual BNG), orquestrada pola dereita cambadesa
e polo partido que todos sabedes, con invasión do concello, e incluso intento linchamento
de varios concelleiros, un escándalo dun calibre tal que moitos de vos, que
ainda que algúns de vos non nacerades daquela, podedes ser testemuñas dese execrable feito. Daquela
tratouse dunha actualización dos valores catastrais feita polo Ministerio de
Facenda que no se facia dende o ano 50 e que a dereita artellou para parecer
que a culpa era dos nacionalistas, facendo un golpe de estado en toda regla. Deuse
a paradoxa de que algunha xente que foi
a protestar incluso se lle baixaba o imposto, era tal a ignorancia que bañou
ese día a praza do Concello que non ten parangón podedelo ver no video, un golpe de estado en toda regla. Habia
xente, sobre todo novos ricos que pagaban por un casa vella cando a súa casa
fora grandemente ampliada ou rectificada.
Dende aquela o Goberno do PP non
volveu a actualizar tal imposto ate o de agora. Nunha das imaxes do video pódeser
ver como incitan a xente a invadir e arrasar co concello. A ver se desta vez hai
tantos “valientes” que dean a cara diante do Concello de Cambados e lle
protesten ó embaucador Luis Aragunde.
Podes ver o video na columna da dereita. É a primeira vez na historia que se pode ver este video en internet.
![]() |
Fotograma do golpe de estado do 86. |
![]() |
Fotograma do golpe de estado do 86. |
Podes ver o video na columna da dereita. É a primeira vez na historia que se pode ver este video en internet.
E
agora que lle vai
dicir Aragunde os seus e os demais cambadeses, que “hai que sacrificarse”, cando estiveron
gastando os millóns a esgalla, cando a Alcaldia de Cambados lle custa os
cambadeses 12.000 euros cada mes, cando se enchufa a todo Deus no Concello tendo
titulación ou non tendo que emigrar os nosos fillos, cando se están a pagar sueldos astronomicos a xente sen
plaza nin oposición como o asesor xuridico, arquitecto ou arqueologo
municipais, cando se están a gastar cartos a esgalla nos Museos de Cambados
totalmente defitiarios. En fin ¡¡¡sacrificate ti Aragunde!!! e deixa de desangrar os cambadeses a impostos.
Esperamos que desta vez os inutiles do PP non lle voten a culpa nin o bipartito
nin a Zapatero, porque é cousa unica e exclusiva do desparecido Rajoy,
Cabaleiro do Albariño.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
1 comentario:
O primeiro de todo felicitarvos polo documento visual que reafirma todo o que me comentou meu abó do que pasara aquel mércores de mercado.Quen coñeza aos personaxes dirixentes,moitos xa mortos,saben que non sabían case escribir-Millan non que despois do sucedido a Deputación editoulle un libro de escándalo,sección humor-pagados por quen nos sabemos-pregunten en privado-e cos derradeiros coletazos da Falanxe cambadesa xunto cos intereses dalgunha burguesía de toda¨la vida¨e a emerxente.Están algúns no video.Dito esto non se pode obviar que o malestar esistía nas´´camadas populares´´e o único que fixo alianza popular foi aumentalo e difundilo-véxase TVG-no Único canal que controlaban e só había tres.A xente do común viña educada dunha cultura franquista de non pagar impostos nin seguridade social nin nada e a mecha ardeu con absoluta facilidade.O de agora pode ser unha subida maior pero asociedade xa non é a mesma.O que sí foi un escándalo dos actuales inquilinos éche aespeculación urbanística da vila empezando polo noso querido campo de fútbol e non pasou nada nin por laíño nin por Lestrove que chove miudiño que miudiño chove.
Publicar un comentario