A conferencia sindical que se celebrou en Santiago de Compostela o 7 de febreiro aprobou por aclamación a mobilización.
O secretario xeral da CIG compareceu en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha folga xeral para a última semana do mes de marzo. A decisión foi adoptada por aclamación -só houbo sete abstencións- pola conferencia sindical que se celebrou en Santiago de Compostela e
na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
Suso Seixo comezou a súa intervención apelando á necesidade da mobilización social como único xeito de amosar rexeitamento ás políticas que está a aplicar a Unión Europea e o Estado español. Neste senso, cualificounas de inxustas e equivocadas: inxustas, porque cargan as consecuencias da crise económica sobre a maioría social, a clase traballadora; e equivocadas porque non están a servir para recuperar a economía e os niveis de emprego. Ben ao contrario, as medidas adoptadas están a provocar máis paro e un incremento da precariedade, da desigualdade social e da pobreza.
Fronte a isto, a CIG aposta por convocar unha folga xeral nacional para a última semana de marzo, concretamente quedou fixada para o 29 DE MARZO. O máximo responsábel da central nacionalista indicou que trasladarán a proposta a todos os sindicatos que operan no noso país e ás distintas organizacións sociais e políticas galegas. Ao mesmo tempo, adiantou que tamén se contactará coas centrais nacionalistas vascas, catalás e canarias para que se sumen á protesta.
Así mesmo, Seixo explicou que a folga persegue tamén dar unha resposta contundente ás próximas reformas laborais anunciadas polo Goberno español do PP. “Tampouco debemos de esquecer que teñen previsto aprobar no mes de marzo os orzamentos xerais para 2012, que contemplará importantes recortes do gasto público xa que pretenden reducir o déficit en 40.000 millóns de euros”, comentou.
Finalmente, amosouse moi crítico cos pactos alcanzados entre o sindicalismo español e a patronal xa que, na súa opinión, supoñen unha perda de dereitos e a desmobilización da clase traballadora. “Tamén supoñen unha derrota no eido ideolóxico porque secuestran o debate sobre un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e ao servizo da maioría social”.
Para rematar lembrou o papel activo que a CIG xogou dende o inicio da crise, tanto presentando alternativas como afondando no debate ideolóxico sobre un novo modelo, “conscientes de que o actual sistema capitalista neoliberal fracasou”. Diante disto, fixo un chamamento a secundar a folga xeral e participar nas mobilizacións previas que se desenvolverán nas vindeiras semanas.
Previamente máñan dia 1 de marzo terá lugar no Teatro Principal de pontevedra un acto informativo cara a movilización no que estarán Suso Seixo, Miguel Angel Fernández Lores e Francisco Jorquera.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario