Co obxecto de dar cumprimento ao marcado no Regulamento da XIII Asemblea Nacional, o BNG de Cambados ven de convocar os seus militatantes a unha Asemblea Local o vindeiro 2 de marzo a partir das 21:00h. no local do BNG de Cambados, co seguinte orde do día:
1.- Debate e votación do Regulamento.
3.- Votación de candidaturas ao Consello Local.
Victor Caamaño e Maria Xosé Cacabelos probablemente seguirán a levar o peso do novo Comite Local.
Esta é a primeira asemblea que se vai celebrar sen presenza de membros destabables do Encontro Irmandiño, unha vez, equivocadamente o meu criterio, acordaron abandonar a disiciplina do BNG. Na Asemblea Nacional empataran técnicamente coa APU (Alternativa pola Unidade –UPG), non era o intre de abandonar era o intre de continuar loitando e como dixo Camilo Nogueira o outro día nun debate televisivo “dar a batalla e dentro dous anos contando cos independentes coma min dar o salto a facerse cargo da Executiva”, comparto totalmente a opinión de Camilo Nogueira. Coido que Encontro Irmandiño non contou cun gran número de independentes que en algunhas cousas simpatizábamos con eles, o meu criterio demasiado ambiciosos. O outro dia un destacado dirixente de E.I no Salnés decía na súa entrevista non xornal arousán que nunca criticou nin criticaría públicamente o BNG, eu riome por non chorar destas manifestacións, cando o certo e que realmente o mais lle gustaba era criticar o BNG e sobre todo a certos dirixentes cambadeses, e mais, estivo toda a campaña das municipais él e parte dos seus acolit@s cambadeses criticando duramente a lista presentada por esta formación en Cambados, non se pode ir de santo cando en realidade era lo demo . Fora do BNG non coido que fagan o rediculo, pero o que si fan é un gran favor o PP, nunca o PP lles vai estar tan agradecido.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario