9 de feb. de 2012

A ADMINISTRACIÓN MOVILIZASE CONTRA A NEFASTA POLITICA DE RCORTES DO PP

  Nantronte, 7 de febreiro de 2012, as catro centrais sindicais representativas na mesa xeral da función pública de Galiza convocaron unha rolda de prensa para transmitir o seu máis absoluto rexeitamento á totalidade das medidas previstas pola Xunta de Galicia no seu anteproxecto de Lei de medidas para o emprego público, (ampliación horario de traballo, posibilidade de reducir ata 1/3 
la xornada e o salario dos funcionarios interinos, supresión de días de asuntos particulares, supresión do Fondo de Acción Social, etc.), que foi remitida ás organizacións sindicais o pasado venres, 3 de febreiro.
   Na rolda de prensa os representantes das catro organizacións coincidiron en denunciar o continuo ataque que sofren as empregadas e empregados públicos, que son postos constantemente no centro dunha diana, como culpables dunha crise que non provocaron, pero que, pola contra, pagan en primeira persoa. 


   Esta campaña de desprestixio e de recortes de dereitos laborais dos Empregados/as Públicos, oculta a intención de xustificar un recorte drástico dos piares básicos do Estado Social e de Benestar, que custou conseguir, con loita, mais de 30 anos. A falta de investimento nos servizos públicos e o deterioro das condicións de traballo do persoal que os presta, fan que se falsee a súa eficacia, o que serve de desculpa ou xustifica a privatización dos mesmos. 
   As organizacións sindicais presentaron ademais o calendario de mobilizacións unitarias para loitar contra estas medidas e que se concretan en:
   • 9 de febreiro: Concentración de delegados e delegadas de toda Galicia diante de San Caetano ás 12:00 horas.
   • 16 febreiro: Concentracións de traballadores e traballadoras en todos os centros da Xunta de Galicia, ás 12:00 horas. 
   • 23 febreiro: Concentracións nas sete grandes cidades de Galicia ás 19:00 horas.
    
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: