9 de feb. de 2012

A INEFICACIA DO PP PAGANA OS PARADOS

O dato mais alarmante na nosa comarca é que por primeira vez na historia o paro no Salnés supera xa ao da bisbarra de Pontevedra ao perder 514 traballos en xaneiro. O sindicato nacionalista CIG tiña manifestado  que o inicio do 2012 no Salnés marcaría o comezo dun goteo de novos desempregados e as súas previsións desafortunadamente  cumpríronse. Así se demostra nos rexistros feitos públicos estes días pola Consellería de Traballo, nos que se indica que o paro subiu no Salnés en 514 persoas. Se esta cifra de por si xa indica a gravidade das circunstancias económicas e a ineficia dos populares, a situación aínda é peor se se ten en conta que a bisbarra 
contabilizou a finais de xaneiro un total de 13.278 persoas sen traballo, por enriba dos rexistros da zona de Pontevedra a pesar das diferenzas no número de habitantes e na política que se fai lembremos que en Pontevedra  e Poio goberna o BNG e iso a hora de crear emprego notase bastante mais que nos sitios gobernados polo PP. En canto ao aumento do desemprego Cambados aporta a esta negativa lista un total de 65 novos parados . Non se crea emprego en Cambados dende fai moito tempo e os responsables son Luis Aragunde e compañía.
    
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: