UN INCIDENTE GRAVE NO CONCELLO DE CAMBADOS SILENCIADO POLO ALCALDE E O GRUPO DE GOBERNO.
O BNG de Cambados ven de descubrir e dar luz sobre un incidente gravísimo ocurrido no concello de Cambados, onde ó parecer un suceso entre a Secretaria do Concello A.M.V.A. e unha funcionaria do mesmo C.M.O.F acabou no xulgado previa denuncia ao parecer da Secretaria. Segundo unhas testemuñas presenciais o incidente en si non teria
mais importancia ca que tiña é dicir unha simple rifada entre as dúas implicadas, pero segundo outros testemuñas tamén presenciais o incidente foi moi grave porque poido tratarse supostamente dun acto de rebeldía por parte da funcionaria con resultado de lesións leves da Secretaria . Todo isto ocorre o parecer o 15 de febreiro pasado segundo algunhas fontes, o mais grave do asunto é que tanto Luis Aragunde como o equipo de goberno trataron escandalosamente por todos os medios de silenciar o tema, Estase empezando a saber que parece que non é o único tema polémico que existe no concello, o ambiente no traballo segundo algúns protagonistas e de tal tensión que a veces cortase cun cóitelo, o motivo segundo contan algún interesados e que algún empregados supostamente teñen trato de favor . No derradeiro pleno o Alcalde dixo que Jose Pepe sustituía a Secretaria porque esta estaba de baixa sen dar mais explicacións. O BNG, segundo conta no seu blog, unha vez tivo coñecemento do mesmo presentou o seguinte escrito por rexistro de entrada:

"""Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados,
EXPÓN: que tendo coñecemento dun grave suceso ocorrido nas dependencias municipais do concello de Cambados, a mediados do mes de febreiro, entre a actual Secretaria en funcións do Concello de Cambados, Ángela María Viqueiro Allo, e a funcionaria de obras e servizos Cruz María Oubiña Fuentes, e polo que
SOLICITA: que sexan contestadas as seguintes cuestións,
1.- En que consistiu tal incidente? Cal foi o motivo polo que se iniciou o mesmo?
2.- Houbo testemuñas presenciais do mesmo?.
3.- Está a tramitar o concello contra as intervintes neste suceso, algún expediente disciplinario? En caso afirmativo facilite o nome do instrutor e o do secretario do ou dos expedientes incoados.
4.- En que trámite se atopa o mesmo?
5.- Ao parecer tal incidente foi motivo dunha denuncia nos Xulgados de Cambados; indique se o concello é coñecedor de tal extremo?
6.- Ten pensado o concello comparecer en calidade de parte, no posible procedemento penal aberto a tal efecto?
7.- Ten coñecemento a Alcaldía do número do Xulgado onde se está a tramitar o procedemento en cuestión, por se este grupo político estivera interesado en comparecer como parte?
8.- Ten comunicación o concello da situación procesal das intervintes no mesmo e se o Xulgado lle participou ao Concello algunha medida que se tomará en contra das mesmas, tales como declaración como denunciada, orden de alonxamento etc.?
9.- Resultou lesionada algunha das intervintes no incidente a consecuencia do mesmo?
10.- Que medidas ten pensado tomar a Alcaldía para que sucesos desta clase non se volvan a repetir no futuro?
En Cambados a 28 de febreiro de 2012
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS"""
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario