28 de feb. de 2012

CHOURIZO FILMS, NOVAMENTE A ESCENA

Para os que somos admiradores incondicionais deste colectivo cambadés, sufrimos unha especie de “longa noite de pedra” pois esta produtora levaba dous anos sen facer ningunha curta i iso e algo ó que non nos tiña acostumados, pero acabamos de saber que afortunadamente volven a escena e o seu director Rodrigo volve a coller a cámara,  da man do seu excepcional guionista o  historiador cambadés Jacobo Dominguez e apoiados co seu “elenco” de estrelas  que actúan nas súas curtas. Nas vindeiras 
semanas gravarán a terceira parte de todo un clásico de Chourizo Films “To Die in Tragove III. O COMEZO”. Polo pouco que deixou entrever a produtora algunhas das escenas principais serán filmadas durante a celebración da primeira comunión da “miniña". Para tal feito , teñen reservada unha comida en Forniños con barra libre o día 24 de marzo. Se alguén está interesado que fale ou pase polo establecemento de efectos navais  sito na rúa do Hospital denominado “Arroas” (Juan Chatarra) ou que mande un e-mail o seu correo que podes conseguilo no seu facebook. Coma sempre haberá escenas alcohólicas reais e moitas risas. 
Para aqueles despistados que aínda non viran “To Die in Tragove I” e “To die in Tragove II, aquí deixamos os seus ligazóns: 





                  

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: