A xustiza e unha sinopse de conceptos. Unha medida de valores que se pesa na trabucada balanza, que moi ostentosa, agarra a deusa que representa o seu prestixiado e inmaculado emblema.
A xustiza algunhas veces e algo noxento que lle remove as tripas a calquera. Todo mundo a acata pero case que ningún cree nela.
Está claro que algún regulamentos teremos que ter nesta sociedade na que nos tocou vivir , para rexer algún dos nosos deplorables e perversos
comportamentos. A parcialidade tería sempre que presidir indistintamente a quen se xulgue, as vistas que se seguen contra calquera cidadán, moitas veces desgraciadamente non é así.
comportamentos. A parcialidade tería sempre que presidir indistintamente a quen se xulgue, as vistas que se seguen contra calquera cidadán, moitas veces desgraciadamente non é así.
De cando en vez a venda cáelle dos ollos a deusa que agarra da balanza a chíscalle un ollo a unha das partes das que se xulga, cumpríndose así a máxima dese vello refrán popular “Moito tes moito vales, nada tes nada vales”.
A escuras e negras togas , impoñen respecto o velas diante, intimidando sen querelo as pobres xentes que nunca tiveron contacto con elas, en vez de inspiraren confianza e serenidade, cumprindo así o obxectivo para o que foron creadas, non facendo o efecto contrario e creando desconfianza.
Iso sábeno moi ben ben os doutos que as poñen.
Moitas veces aínda a lei dos que creen nos seus respectivos deuses non é xusta, para canto mais as que fan os imperfectos seres humanos, leis que se adaptan as súas comenencias e exixencias, deixando aberturas legais onde se colan argumentos para dar lugar a que o branco se lle chame negro e o negro branco.
Todas as persoas somos iguais perante a Lei, di un artigo da constitución española, pero non di nada de que hai que castigar o que promove e fomenta a lei dos máis fortes.
Di a xente maior con moito acerto nos seus sabios razoamentos “ Deus nos arrede das mans da xustiza dos mortais, e da divina nin me fales”.
MARTIN COBAS, TROBADOR DOUTRO SÉCULO.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario