Noutros tempos, cando había máis humor e xuventude menos aburrida e dispépsica*, e os nosos pais estabánse a divertir honestamente - disfrazándose de mouros, chulos, magos, guerreiros, etc..., dándose bromas inocentes, saíndo en orixinais e animadas comparsas polas rúas, sen ofender nin á moral nin aos boas costumes, comendo polo día filloas, flores e orellas e danzando pola noite
nos modernos faladoiros de confianza ou nas casas dos seus parentes, neses tempos, digo, e vivindo en Cambados e alá polos meus seis ou oito abriles recordo que entre todas as máscaras tradicinais, clásicos, primitivos, verdadeira institución fundamental do antroido, sobresaia o choqueiro, terror de todos os rapaces que iamos á escola de D Francisco Novoa, que daquela non se sei está morto ou vivo.
nos modernos faladoiros de confianza ou nas casas dos seus parentes, neses tempos, digo, e vivindo en Cambados e alá polos meus seis ou oito abriles recordo que entre todas as máscaras tradicinais, clásicos, primitivos, verdadeira institución fundamental do antroido, sobresaia o choqueiro, terror de todos os rapaces que iamos á escola de D Francisco Novoa, que daquela non se sei está morto ou vivo.
Como os curiosos se amontoan sobre a mascaradas e penas deixábaselle espazo para moverse, foi necesario que unha das máscaras fixese o oficio de fabricante de bastóns ou de Director da compañía de aí a institución do choqueiro.
En canto sentiamos ao lonxe o ruxir das xentes que anunciaban a chegada das máscaras de San Adrián, os nenos que agrupabamos orredor do portal máis próximo fixos os ollos na boca rúa e na esquina da casa por onde debía aparecer a comparsa, esperabamos con ansia indescritible e cunha emoción mestura de temor e curiosidade, a aparición do choqueiro que precedía a todas as máscaras.
Velo e botar escape era todo un. Aquela figura branca, con aquelas comas negras, ou aquela careta e aquel vergallo exercía un dominio completo sobre todos nós. Pero en canto nos poñiamos a salvo,desexabamos velo outra vez. O choqueiro atraíanos. Era unha máscara inmantada. A nós nada nos importaba os demais. Nin os traxes dos mozos, nin o donaire das mozas, nin os cantos, nin o baile, nin nada. O choqueiro seducíanos!. Para nós o choqueiro érao todo. Unha comparsa sen choqueiro era como unha misa sen cura ou unha voda sen noivo.
E pasou o Carnaval e rematáronse as comparsas, e a moda suprimiu estes costumes inesquecibles, pero o choqueiro sobreviviu á catástrofe. Aínda nalgunhas festividades relixiosas, ao lado dos xigantes e das gaitas ía o choqueiro, sen anteface é claro, pero co seu vergallo de lá, abrindo paso nas procesións.
Texto escrito por Alfredo Brañas o 1 de marzo de 1897 no periódico “La Opinión” (Diario de Pontevedra).
Traducción: A TI MEU CAMBADOS.
Dispepsica: deciase da persoa caracterizada pola disxestión laboriosa e perfecta.
Pífano: O pífano é un instrumento musical de vento consistente nunha pequena frauta moi aguda que se toca atravesada..
Aristón: Instrumento músical de manubrio.
Lanilla: Especie de afeite que usaban antigamente as mulleres.
Borceguies: Unha especie de calzado.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario