Todo mundo sabia que “A Voz de Galicia” a nivel Galicia era o periódico preferido do PP e concretamente do Feijoo, hoxe unha crónica de Galicia Confidencial ven a dar a razón pero xa con datos concretos, así o Grupo Voz suma 7.266.864 euros en pagamentos da Xunta dende que goberna Alberto Núñez Feijóo, publicidade á marxe. Por exemplo, no que vai de lexislatura La Voz recibiu 2,17
millóns en convenios. Os convenios son acordos bilaterais entre as consellerías e unha empresa. Non hai publicidade nin competencia. A cantidade a entregar e o empresario favorecido depende unicamente do criterio de cada conselleiro.
millóns en convenios. Os convenios son acordos bilaterais entre as consellerías e unha empresa. Non hai publicidade nin competencia. A cantidade a entregar e o empresario favorecido depende unicamente do criterio de cada conselleiro.
Dous millóns e medio para fomentar o galego: Dos 7,2 millóns pagados nesta lexislatura ao Grupo Voz, unicamente 2,5, menos do 35%, veñen das subvencións que publica o DOG todos os anos. Esas convocatorias son as únicas nas que hai criterios públicos e iguais para todos. Cómpre ter en conta que o Goberno leva décadas publicando estas axudas para, entre outros fins, fomentar o galego na prensa. La Voz apenas publica na lingua propia fóra de Cultura e Opinión, como fan a práctica totalidade dos xornais beneficiados. Lee o artigo completo, non ten desperdicio, preme para facelo AQUÍ. Este tema foi obxecto de debate xa no blog de Carolina Laya da Asoblog de Cambados.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario