10 de feb. de 2012

A CEA DO “XUVEN”, UN CLÁSICO DO ENTROIDO CAMBADÉS

Un dos acontecementos mais sonados, concurridos e onde a xente  mellor o pasa é sendúbida algunha,  a cea de sábado de piñata do Xuven, a veces incluso ate hai “peleas” para mercar as entradas. Este ano vai ter lugar o 25 de febreiro sobre das 23 horas. O menú coma sempre  estará composto de entremeses, laconada, postre, pan e viño. Os socios deberán abonar 35 € pola entrada
e os non socios 40 €, os primeiros poden retirar as invitacións nas oficinas do club de 7 ao 15 de febreiro entre as 20 e 21.30 h., para os demais poderán retiralas ou ben nas oficinas de Nova Banca Galicia, ou Banesto de Cambados dende o 16 ao 22 de febreiro. O fenomenal grupo “La Oca”, que tamén se está a convertir noutro clásico, será o encargado de amenizar a velada.


          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: