10 de feb. de 2012

A BANDA CAMBADESA HARD BREAD EN VIGO.

Esta banda cambadesa liderada por Adrián Padín, que recentemente foi premida pola  Asociación Xuvenil Retranca na que foron galardoados co premio da música 2011, empeza a rodar e moi forte. Anteriormente realizaron un concerto no " Demiúrgos Rock Festival" no cal deron
unha grande impresión polo que pouco a pouco iranlle chovendo concertos. E esta vez xa se desprazan algo máis lonxe, nada máis e nada menos que á cidade de Vigo onde actuarán nas inmediacións da "Facultade de Ciencias do Mar", oproximo 16 de febreiro e ás 17.00 horas aproximadamente, xunto á banda "Boderline79, no que será un concerto dun festival de carnaval.
"Hard Bread" invítavos a asistir a este concerto totalmente disfrazados e a gozar dunha tarde de boa música na que tocarán algunhas das versións de grupos moi coñecidos e algúns temas propios,e sobre todo gozarás dun bo ambiente.
       
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: