10 de feb. de 2012

CONCENTRACIÓN EN PONTEVEDRA PRO GARZÓN

O vindeiro domingo ás doce horas e organizado por “Toma la Calle Indígnate Pontevedra”  haberá unha concetración pro Garzón frente a Audiencia Provincial de Pontevedra (Rúa Rosalia de Castro. O xuíz Baltasar Garzón exerceu unha xustiza de forma continuada e valente durante vinte anos na Audiencia nacional, comprometida coa defensa dos dereitos humanos en España e no mundo contra ditadores, terroristas, corruptos e inimigos da democracia. Foi un dos principais promotores do desenvolvemento en España do principio de Xustiza Universal e agora está sendo 
vítima dunha campaña  promovida por sectores da extrema dereita, Falange Española e Manos Limpias. O proceso é en realidade un xuizo sumario contra os defensores da democracia , a xustiza e os dereitos humanos e a favor da impunidade de crimes contra a humanidade e non podemos esquecer que está a ser xulgado por unha sala do Tribunal Supremos na que a maioría dos seus membros xuraron lealdade ao Movemento nacional do franquismo. Baltasar Garzón representa o modelo de xustiza baseado na defensa dos dereitos humanos conforme co dereito internacional que millóns de cidadáns e vítimas reclaman en todo o mundo, incluida a ONU que xa en 2008 e através do Comité de Dereitos Humanos recomendou ao Estado Español a derogación da preconstitucional Lei de Amnistia de 1977. Este caso volve a demostrar a necesidade da Xustiza Internacional incluso en España, o país que tentou procesar ao ditador Pinochet, é incapaz de xulgar a súa propia ditadura e o que o tenta é xulgado por iso.
          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: