10 de feb. de 2012

O ALCALDE DE CAMBADOS LEGALIZA O ILEGALIZABEL

Todos os cambadeses sabemos como funciona esto do urbanismo no Concello de Cambados, si eres simpatizante do réximen diche “Ti construe pa diante si te denuncian xa faleremos”, e os que non son do reximen directamente non lle deixan poñer nin un ladrillo. O Alcalde 
Cambados estos dias mediante un recobeco legal sacado da manga vai legalizar o ilegalizabel e dicir esas  vivendas que se construiron fora da lei  e agora van estar dentro da mesma, para entedernos aqueles que construiron galpón e agora son excelentes vivendas. A charla celebrada no Auditorio da vila  coa presencia do noso rexidor apenas tivo asistentes e a foto me remito, xa que o “peixe estaba todo vendido”. Apenas vinte persoas asistiron a charla.


Os técnicos municipais que explicaron aos presentes as peculiaridades da disposición transitoria 3ª da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, Leus 2/2010, que permite regularizar as construcións fóra de ordenación, realizadas antes de xaneiro de 2003.
Agora, os propietarios dispoñen ata o 19 de abril para acollerse a ela de modo que poidan quedar incorporadas ao seu patrimonio, podendo rexistralas no rexistro da propiedade ou pedir hipotecas sobre elas. Ademais, poderán realizar obras de conservación e mantemento (pintar, retejar, cambiar ventás, etc. ) pero non traballos que modifiquen ou seu estado actual segundo o Concello.
Para lograr isto deberán presentar un estudo técnico ante o Concello, ademais de pagar unhas taxas inferiores ás que deberían aboar se a obra fose nova. Habilitarase unha oficina técnica para tal fin.
O QUE DI A DISPOSICIÓN EN CUESTIÓN:
DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA. Núcleos rurais preexistentes de carácter tradicional afectados pola lexislación de costas.
1. Aos núcleos rurais preexistentes de carácter tradicional contemplados na Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do chan a Galicia, seralles de aplicación o réxime previsto no apartado 3 da disposición transitoria terceira da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, así como o establecido no apartado 3 da disposición transitoria sétima e nos apartados 1 e 3 da disposición transitoria novena do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da devandita Lei de costas, cando, á entrada en vigor desta última, concorría nestes algún dos seguintes supostos:
a. En municipios con plan, os terreos clasificados de chan urbano de núcleo rural, así como aqueles que reunían ningún dos seguintes requisitos:
ou Que contaban con acceso rodado, abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e subministración de enerxía eléctrica.
ou Que, aínda carecendo dalgún dos servizos citados no guión anterior, estaban comprendidos en áreas consolidadas pola edificación como mínimo en dúas terceiras partes da súa superficie, de conformidade coa ordenación de aplicación.
b. En municipios sen plan, os terreos que reunían algún dos seguintes requisitos:
ou Que contaban con acceso rodado, abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e subministración de enerxía eléctrica.
ou Que, aínda carecendo dalgún dos servizos citados no guión anterior, estaban comprendidos en áreas consolidadas pola edificación como mínimo na metade da súa superficie.
2. Regulamentariamente establecerase a documentación e o procedemento para determinar as áreas en que concorren os requisitos sinalados no apartado anterior.
3. Nos deslindes do dominio público marítimo-terrestre o límite interior da súa zona de servidume de protección haberá de axustarse á realidade urbanística preexistente recoñecida expresamente pola Administración urbanística autonómica.

         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: