20 de feb. de 2012

A CONFRARÍA SAN MARTIÑO DO GROVE, SÍMBOLO DE XESTIÓN?

Francisco Iglesias Patrón Maior do
Grove.

Poño este titulo a este artigo  preguntando,  pero fai uns días saíu unha nova nun duns periódicos de tirada diaria que mais se len no Salnés, en concreto o titular dicía: “A Confraría San Martiño consolidase como exemplo de xestión mancomunada na ría”. Eu non daba creto o que estaba a ler, sobre todo despois das novas publicados neste mesmo diario e noutros nas que con todo o luxo de detalles non contaban como “presuntamente” un contable da confraría, ao parecer con 
poderes omnímodos “presuntamente” dentro da mesma estaba acusado de facer desaparecer de dita entidade nada mais e nada menos que nada desprezable cantidade de 600.000 €. Se isto é unha boa xestión que baixe Deus e o vexa. A veces certos periodistas ou aprendices de periodistas quérennos dar leccións de quen é bo quen e malo como se eles foran a luz que cae de ceo e nos ilumina o camiño. A realidade e mais teimuda que todo iso e as Confrarías son unhas institucións a estudar minuciosamente porque son unha máquina de xerar cartos  que a veces están en mans de desalmados, outras veces nas mans de inexpertos e outras en mans de "listillos" e a maioría das veces cun control deficitario da propia xunta, órgano fiscalizador que debía de controlar moito mais a estas. E non estou a falar por falar aí temos os exemplos de Confraría de Portonovo, da Confraría de Cambados ou neste caso na Confraría do Grove, exemplos todos eles publicados en mais dunha ocasión no diario dixital Xornal Galicia e mais suavemente noutros xornais impresos. E conste  que obviamente non quero meter a todos os periodistas no mesmo saco, pero que a veces hai titulares que rómpenlle a un os esquemas.
         

Ningún comentario: