20 de feb. de 2012

UN CURIOSO E ANTIGO CADRO

Preme na foto para vela ampliada
Dende fai uns meses no restaurante Pandemonium de Cambados colgaron un cadro propiedade o parecer de Joaquin Botana, é un cadro de vello barrio de Santo Tome do Mar , aquí en Cambados, nel na marxe dereita inferior pódese ler “Leiro 1913”, informáronos que ese cadro era obra dun famoso ebanista e carpinteiro cambadés  chamado Francisco Leiro Vázquez, seguramente por ese nome seguro que non vos di 
nada pero se vos digo que é o abo da mestre Ádela Leiro e do escultor  Francisco Leiro pai da coñecida pintora cambadesa Brigada Leiro, coido que tedes que ir atando cabos. No catro pódese ver un antigo barrio de Santo Tome, unha embarcación típica de época e por suposto a Torre de San Sadurniño o fondo. O cadro non é que sexa unha obra de arte, segundo din os entendidos  pero ten un mérito excepcional. Pero en realidade quen era o autor de cadro, ímolo coñecer mais a fondo:

Traballando no San Xoán da Igrexa de Fefiñans en 1946.

FRANCISCO LEIRO VÁZQUEZ, coñecido como Paco Leiro naceu en maio de 1893 no Grove e morreu en Cambados o 29 de decembro de 1982, con 89 anos.
Viviu en Cambados (en Fefiñáns), na Casa do Canónigo, na rúa das Rodas e na rúa Fomento, despois de casar con Manuela Laya, en 1924, coa que tivo cinco fillos.
Fixo a mili como cabo-xefe de patrulla vixiando a liña férrea de Quiroga, despois da Primeira Guerra Mundial.

Cos seus fillos oredor de 1935

Nos tempos da República formou parte do Partido Socialista. Máis adiante participou activamente na fundación da Sociedade Cultural.
Foi aprendiz de carpinteiro con Segundo Pérez e traballou con el en varias obras. Tamén foi mestre de obras durante algún tempo. 

Monumento funerario que lle fixo a Dolores Vila , a súa primeira  moza coa que tivo un fillo (cemiterio do Grove 1920)

Desta época consérvanse varias casas de estilo modernista en Cambados (a de Pomares, a de Telégrafos, na rúa do príncipe), O Grove e Vilaxoán.

Tratasedum Cenfesiorio feito en 1948, Igrexa de Fefiñans.

En 1927 montou un obradoiro de carpintería na Praza de Fefiñáns e en 1929 na rúa Real, onde tivo unha tenda de fabricación e venta de mobles e un obradoiro no que traballou ata a súa xubilación e na que continuou o seu fillo Manuel.

San Xoan e o Cristo do Consolo na Igrexa de Fefiñans (1946)

Ademais do seu traballo de ebanista facía tallas, sobre todo de tema relixioso –crucifixos e imaxes- que se atopan repartidos por moitas casas de Cambados e os arredores. En Cambados tén o altar de San Mamede, en Corvillón (1941), o altar de Fátima, na igrexa parroquial de Cambados (1945) e un grupo escultórico na Igrexa de Fefiñáns (1946). Tamén foi o autor duns espectaculares mobles da Sala de Audiencia do Xulgado de Cambados “misteriosamente” desaparecidos en 1991. 
Grazas a Adela Leiro pola súa colaboración.

 FE DE ERRATAS:
O cuatro en custión pintouno un irmán do Francisco Leiro  que se chamaba Lorenzo, vivía no Grove e marchou novo para Palencia como empregado do catastro onde caso e morreu.
Unha corrección de Adela Leiro.     
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: