22 de feb. de 2012

A “GUERRA DOS OVOS” EN CAMBADOS REMATA CUN FERIDO GRAVE

PREMIOS BASTANTE XUSTOS NO DESFILE
Era sábido que calqueira día ia haber un incidente grave co asunto dos ovos no entroido cambadés e asi foi rematou o asunto na Garda Civil e cun ferido grave. Dous menores tiraronlle ovos a outro menor e despois agredirono brutalmente. O pai do menor foille chamar a atención e tamén agrediron a él  cunha barra de ferro. O pai denunciou os 
feitos o parece na Garda Civil. Moitas rapazas non queren sair a rúa o domingo e martes de entroido polo rollo dos ovos. Hai que eliminar esta fea costume multando duramente os que o faga e si son menores multar os pais que para iso son os responsables.
PRIMEIRO PREMIO
SEGUNDO PREMIO
TERCEIRO PREMIO

Xa en canto os premios dicir  que este ano houbo xustiza "Vai arder Troya" foi o primeiro  pola súa espectacular montaxe, fiel ás indicacións da "Odisea" pois non faltou nin o xigantesco cabalo de madeira con que os gregos enganaron aos troianos e gañaron a guerra. De feito, ata a escenificación do instante chamou a atención dos seus membros que destacaron a implicación dos compoñentes desta comparsa. O segundo posto foi para uns vellos coñecidos. O grupo "A Revolución Francesa" volveu lograr a medalla de prata do concurso carnavalesco, cun cambio radical de temática pois en 2011 lograron o mesmo posto cunha "Fantasía Disney". Pero se a elección destes dous, lle resultou relativamente doada ao xurado, para o terceiro posto tiveron serias dúbidas, ante tal número de montaxes de calidade. A votación estivo difícil pero finalmente sucumbiu " Os Autos Tolos" cun premio de 300 euros (as outras dúas leváronse 500 e 400 euros, respectivamente).
Hoxe tamén tivo lugar o enterro da Sardiña en Cambados, enterraron o Xogo, foi bastan concurrido, ainda que sen superar os que facia Unha Grande Chea que eran multitudinarios.


Foto recollida do facebook de Valentín Estevez Rial

Podes ver un pequeño video do desfile do martes premendo AQUÍ.





          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: