22 de feb. de 2012

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
Estes son os actos confirmados até o momento, máis información na páxina da AELG:
* Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00 horas
* A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30 horas
* Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30 horas
* Ourense, Liceo, 19:00 horas
* Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00 horas
* Vigo, Museo de Arte Contemporánea (MARCO), 19.30 horas
* A Rúa, Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura, 18.30 horas
* Pontevedra, Casa das Campás, 18.00 horas
* A Estrada, Sala de conferencias e exposicións CaixaNova, 19.00 horas
* Monforte, Centro do viño, 21.00 horas.
          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: