22 de feb. de 2012

CONCENTRACIÓNS E MANIFESTACIÓNS EN TODAS AS CIDADES, ESTE XOVES, DÍA 23 DE FEBREIRO, CONTRA OS RECORTES NO SECTOR PÚBLICO

Convocadas por todas as organizacións sindicais, CIG, CCOO, UGT, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ, o sector público pretende denunciar as políticas de recorte do PP, que teñen como único obxectivo facer pagar a crise ao persoal da administración pública, adelgazar a administración e reducir servizos, o que terá consecuencias negativas na súa calidade.
As organizacións convocantes fan un chamamento a participar masivamente nestas
concentracións e manifestacións que terán lugar en:
* Ferrol: Ás 19:00 horas, na Praza de España
* Pontevedra: Ás 19:00 horas, na Praza da Peregrina
* A Coruña: Ás 19:00 horas, na Praza de Ourense
* Compostela: Ás 19:00 horas, na Praza do Toural
* Lugo: Ás 19:00 horas, A Muralla, Edificio Administrativo
* Ourense: Ás 19:00 horas, no Pavillón dos Remedios
* Vigo: Ás 19:00 horas, no MARCO.

         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: