NO PLENO DE MAÑAN EN CAMBADOS MOCION DO BNG SOBRE A CANCEIRA COMARCAL E SOBRE DA SUBIDA DO IBI
Mañan as 21 horas no Salón de Planos do concello de Cambados, terá lugar un novo e animado Pleno con dous temas estrela sen dúbida ningunha. Como sexto punto do orde do día debatirase unha Moción do BNG para que a Protectora de Animais de Cambados xestione a canceira comarcal (ou provincial).
Podes ler a mocion completa prmendo AQUÍ, pero en defintiiva o BNG ven a solicitar “ que o concello de Cambados medie diante da Mancomunidade do Salnés e da Deputación Provincial para que á Protectora de Animais de Cambados se lle outorgue a xestión da canceira mancomunada (ou provincial) por ser a única que a solicitou no seu momento e, sobre todo, por haber demostrado, desde a súa fundación, ser unha entidade cun funcionamento exemplar”. Non se descarta a intervención dalgún representante da Protectora no Pleno.

O outro tema estrela tamén ben a ser unha moción do BNG contra a suba do imposto do IBI decidida polo goberno do Partito Popular para todo o estado español. Podes ler a moción completa premendo AQUÍ. O BNG ven a solicitar:
1. Manifestar o rexeitamento ao incremento do tipo de gravame do IBI que figura no RDL 20/2011 por se tratar dunha medida absolutamente inxusta que invade as competencias dos concellos e obriga a unha política impositiva onerosa para as economías da cidadanía.
2. Instar ao Goberno Central á retirada do incremento do IBI fixado polo RDL 20/2011.
3. Solicitar do Presidente da Xunta de Galiza a:
a. Instar do Goberno do Estado á retirada do incremento do IBI fixado no RDL 20/2011.
b. Instar do Goberno do Estado a proceder a unha reforma urxente do financiamento local, de tal xeito que se incremente a contía de participación nos ingresos do Estado por parte dos concellos e dita participación se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de Galiza. Tendo en conta nos criterios de reparto o maior custe dos servizos no noso país, derivado da dispersión poboacional e do envellecemento da mesma.
c. Impulsar un Plan de Financiamento Local coa cesión de novos tributos e capacidade normativa sobre os mesmos, así como medidas para a mellora efectiva da loita contra a fraude fiscal.
4. Dar traslado deste acordo ao Presidente da Xunta de Galiza, Presidente do Goberno do Estado e portavocías dos grupos parlamentares do Parlamento galego.

Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario