Suso Míguez e Miguel Oubiña, aos mandos dun BMW 1602 de 1974, impuxéronse na proba.
Cincuenta xoias da historia do automóbil percorreron onte os máis de trescentos quilómetros da XIV edición do Rally Rías Baixas Faro de Vigo de clásicos que partiu á primeira hora de Vigo e concluíu no
recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela. Un espectáculo para a vista e para os afeccionados a esta clase de pezas de colección.
recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela. Un espectáculo para a vista e para os afeccionados a esta clase de pezas de colección.
Suso Míguez e Miguel Oubiña, pilotando un BMW 1602 do ano 1974, conseguiron a vitoria tras superar no último control horario da carreira ao BMW 2002 de Willy Rodríguez e Edu González, líderes da proba durante a maior parte da xornada.
Suso Miguez
Unha vitoria con dobre mérito pois o vehículo vencedor conta co hándicap de non dispor dun equipo medidor adicional a bordo.
A primeira sección do Rallye ,na que se tiveron que anular os tramos de Ponte Caldelas e Pontebora pola desaparición dos sinais que afectaban ao libro de ruta, concluíu co vehículo de Rodríguez e González empolicado á primeira posición, seguido do Fiat 124 Spider 1600 de Juan Sirvent e Ana Saborido, a 5 puntos, e do BMW 1602 de Jesús Míguez e Miguel Oubiña, terceiros e a 6 puntos do líder provisional.
A terceira posición da xeneral final absoluta do rally ocupouna o equipo formado por Manuel Ferreira e Fran Forjanes, sendo ademais vencedores da categoría "E", na que se encadran os vehículos fabricados entre os anos 46 ao 60.
O Trofeo Escuadra Rías Baixas ao mellor equipo do Slalom que se celebrou no recinto Feiral de Amio levoullo o Seat 1430 de Guillermo Sousa e Antonio Lago. Esta especial non puntuou para a clasificación xeral final do Rallye e non gañou o máis regular senón o máis espectacular e hábil en realizar o percorrido. Finalmente completaron o rallye un total de 47 equipos dos 51 que tomaron a saída ás dez da mañá na Praza do Rei de Vigo.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario