7 de feb. de 2012

CREDENCIAIS PARA UN MALTRATO. UN ARTIGO DE MARTIN COBAS.

Nos,  os homes, involuntariamente queremos as mulleres escravas da  nosa sen razón.
Queremos que a nosa dona sexa fermosa física e psiquicamente e por suposto delicada. Só muller sempre do seu home, pero ala no noso fondo, se poderamos, tamén que as demais foran todas para nos.
Adoraríamos que no leito tiveran  un comportamento como unhas auténticas ninfómanas satisfacendo así as nosas inesgotables perversións. Ah…..pero…o mesmo 
tempo que garde a compostura e as formas na vida cotiá, non vaia a ser que non pareza unha muller honrada.
Tamén queremos que sexa boa nai, mestre e guía dos nosos fillos. Ah… pero…. os fillos que  temos por aí ciscados, deus nos libre de que se saiba de quen son.
Queremos unha dona que traballe para fora, que traia para a casa  un xornal como nos, pero por se as moscas  tampouco descoide a nosa casa e as tarefas de limpeza.¡Que vergoña seria ver a un home nesa terríbel labor!
Sen que fagan moito gasto, queremos vaian a última moda lucindo uns trapiños do mellor, sen que as tesoiras recorten moito os escotes, non por enriba dos xeonllos deixen moita carne o sol, non vaia a ser que se poñan tan rechamantes como as rapazas para as que nos ollamos cando as nosas donas  non veñen  con nos.
Esiximos que administren ben o fogar e como licenciadas economistas fagan render ben o noso diñeiro, que non falte de nada na casa e do bo, con pouca inversión teñámolo o mellor, pero os cartos dos nosos vicios  que elas xamais os toquen eses xa nos encargamos de administralos nos.
Que non fumen poden criar un cáncer, nin beban, está moi mal visto nas mulleres pola sociedade de hoxe. Por favor…e se o fan, que o fagan na casa,  nos bares e locais públicos xa o facemos nos.
O meu apoio incondicional a tódalas mulleres que sofren violencia de xénero.
MARTÍN COBAS, TROBADOR DOUTRO TEMPO.
          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: